Prensa obreira

A CNT denuncia a irresponsable política forestal e de extinción de incendios da Xunta.

lumes nunca mais

  • O sistema volve a colapsar ante unha emerxencia que se repite ano tras ano.
  • As institucións continúan a facer ouvidos xordos ante as reclamacións de persoal e medios dos planteis contraincendios.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, pide "un mínimo de sensibilidade e responsabilidade" aos incendiarios. Namentres, decláranse máis dun cento de novos focos en Galiza esta fin de semana. Despois de miles de hectáreas calcinadas e de ter que lamentar a perda de vidas humanas, os responsables directos botan balóns fóra e bótanlle a culpa a outros, incluído Portugal.

Desde a CNT non é a primeira vez que se denuncia a falta de vontade política para solucionar o que é unha emerxencia de primeiro nivel. Nin existen medios para a prevención de incendios nin tampouco para sofocalos, como pon de manifesto de fai apenas uns días, aínda estando en condicións de alto risco incendiario, se lles rematou o contrato a centos de traballadoras/es do SEAGA para volver a recontratalas/os 48 horas máis tarde.

A sección sindical nos GES de A Guarda denunciou en varias ocasións a falta de medios e fíxose patente a falta de interese tanto de concellos, como de diputacións, como do consorcio contraincendios.

A falta de planificación e a irresponsable política forestal e de extinción de incendios leva á perda do patrimonio medioambental galego. A maior riqueza da Galiza está en mans de persoas ineptas que ano tras ano tropezan na mesma pedra e que nin aprenden nin queren aprender.

Desde a CNT chamamos a participar en todas as mobilizacións que teñan lugar nos próximos días, comezando polas que hoxe mesmo hai convocadas en diversas cidades e vilas da Galiza, cuxa convocatoria compartimos e facemos nosa. Esta é a listaxe das que até agora hai convocadas, todas as 20:00 agás no caso que se indica:

 

  • OURENSE: Casa de Chocolate
  • VIGO: Diante do Marco
  • A CORUÑA: Obelisco
  • COMPOSTELA: Praza do Toural
  • LUGO: Edificio Multiusos da Xunta
  • PONTEVEDRA: Praza da Peregrina
  • FERROL: Praza de Amada García
  • CANGAS: Praza do Concello
  • MONFORTE: Praza de España
  • RIBEIRA: Praza do Concello
  • CAMBADOS: Praza do Concello
  • LALÍN: Praza de Lóriga
  • AS PONTES: Diante do Concello
  • O CARBALLIÑO: Praza Maior
  • RIBADAVIA: Praza Maior
  • BETANZOS: Praza do Concello
  • RIANXO: Praza de Padrón
  • O BARCO: Diante do Concello * ás 19:00
  • VERÍN: Praza do Concello
  • PONFERRADA: Plaza del Ayuntamiento
  • XINZO: Diante do Concello
  • A GUARDA: Praza do Reló
  • CASTRO CALDELAS: Praza do Prado
  • REDONDELA: Praza do Concello
  • FOZ: Praza do Concello
  • SADA: Praza de San Roque
  • VILAGARCÍA: Diante do Concello
  • SARRIA: Praza da Constitución
  • NIGRÁN: Paseo da Ramallosa
  • MADRID: Puerta del Sol
  • BARCELONA: Plaça Sant Jaume
  • GIRONA: Plaça del VI
  • BRESCIA: Piazza della Loggia