Prensa obreira

CNT consigue importantes avances en prevención nos GES de A Guarda

Logo GES

  • Solvéntanse as principais carencias dos GES respecto da prevención.
  • A sección de CNT continúa vixiante para que os compromisos adquiridos polo Concello de A Guarda sexan cumpridos en prazo

As reclamacións por parte da sección de CNT en materia de prevención para os GES de A Guarda veñen de dar os seus froitos. CNT ven denunciando públicamente a situación dos GES de A Guarda en materia de prevención de riscos chegando incluso a ter que denunciar ao Concello na Inspeccion de Traballo, organismo que se pronunciaría en favor dos intereses dos traballadores/as do servizo.

Así nas últimas semanas, materializáronse as seguintes medidas adoptadas polo Concello de A Guarda:

  • Nomeamento do secretario de prevención da sección sindical de CNT como responsable do Concello para a xestión da prevención nos GES.
  • Entrega de toda a documentación solicitada en materia de prevención, a excepción dos procedementos de traballo que serán elaborados polo propio persoal do GES e que será revisado polo servizo de prevención externo contratado polo Concello.
  • Reposición do seguinte material: luvas de excarcelación e bombeiro, forros polares, traxe de protección intemperie, verdugo ignífugo de 2 capas, protectores de pescozo, lanterna e soporte para casco F2, vadeadores e botas de bombeiro
  • Adquisición de EPIs para motoserra e equipos para traballos e rescates en altura
  • Compromiso de cumprimento por parte do Concello da planificación preventiva e da avaliación de riscos do lugar de traballo.
  • Instalación antes do inverno de sistema de calefacción na base tal como ven reflectido na avaliación de riscos.
  • Cursos de formación de 110h en prevención para cada membro do GES e estudo da proposta realizada para formación específica.

 

Desde a sección de CNT valórase "positivamente" os avances no ámbito da prevención de riscos ainda que se continuará "vixiando o comprometido polo Concello".
Agárdase tamén que "prosperen" as liñas de traballo actuais que pasan pola presentación dunha proposta de cuadrante para o 2018.

Sección Sindical CNT
Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES). Concello da Guarda

www.cntgaliza.org/?q=gesAGuarda

 

Noticias relacionadas: