Prensa obreira

Carta aberta a David Monllau, director de recaudación de fondos en Médicos Sin Fronteras

Desde a Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras queremos desmentir a David Monllau, recente director de fundraising da organización, que o pasado 21 de xullo publicou un artigo na web oficial da ONG en contestación á repercusión mediática acadada tras dous anos de loita sindical.

Na CNT coñecemos de primeira man a importancia da independencia económica. Somos un sindicato autoxestionado, que rexeita as subvencións institucionais, onde o apoio mutuo entre iguais e a solidariedade son alicerces. Outra das nosas características é a horizontalidade, o que nos permite non ter esa estructura xerarquizada na que se podan diferenciar explotaroras/es e explotadas/os.

A independencia de Médicos Sin Fronteras (MSF) é posible grazas á precarización de centos de postos de traballo en todo o estado, aqueles postos que aseguran a obtención de fondos privados como son os das captadoras e captadores.

Na artigo, o señor Monllau -posta en marcha a maquinaria propagandística- fala do bo facer de Médicos Sin Fronteras, a súa responsabilidade e transparencia, para logo relatar as condicións «dignas» do plantel de F2F (equipos de captación de socias/os).

Nembragantes, hai una gran diferenza entre o dito e o feito.

Non estaría de máis que alguén explicase en detalle ás/aos socias/os da organización as condicións «dignas» que o diretor de fundraising pregona.

Di Monllau que o contrato é indefinido. É tan indefinido que hoxe podes traballar e mañán xa non. A extinción é tan fulminante (despido disciplinario por incumplimento dunha cláusula contratual abusiva) que non tes dereito aos 15 días de preaviso legal nin a ningunha indemnización. A efetos práticos, o que é indefinido é o periodo de proba, xa que máis do 80% do plantel non acada os obxetivos impostos e ven peligrar mes a mes o seu posto de traballo.

Ademáis, é rotundamente falso que todos os contratos sexan indefinidos: son numerosos os casos de contratación temporal fraudulenta dentro da organización e incluso MSF foi condenada por discriminación -tanto en primeira instancia como no Tribunal Superior- ao manter con contrato temporal a dúas persoas de nacionalidade estranxeira.

Fala o señor Monllau de can privilexiadas/os somos por cobrar un salario de 938 euros brutos mensuais e que facer 6 socios de 115 euros anuais, cada semana, é o que permite garantir ás persoas donantes que os fondos son empregados responsablemente. Preguntámonos a cantas persoas asocia o señor Monllau cada día para poder dicir que o seu salario de 56.921,48 euros ao ano son fondos empregados responsablemente. Ao plantel de captación repetidamente dísenos que o noso salario son vacinas que non salvan vidas. O seu son concretamente 210.820 vacinas de sarampelo.

Recalca as facilidades de conciliación en caso de maternidade, engadindo días á baixa e cheques gardería. Olvídaselle comentar que se esa nai toma unha excedencia por coidado de menor con reserva do posto de traballo, non a deixan reincorporarse ata que se emprenden accións legais.

O resto das afirmacións do artigo son un compendio de despropósitos:

A formación contínua basease en ler os artigos da web de MSF fora do horario laboral. A formación "especial" mensual non é máis que un coordinador facendo milleiros de quilómetros para poñer un vídeo e xogar ao Pictionary en grupo. «Fondos empregados responsablemente».

A transparencia na implementación da cláusula de obxetivos é "tan" transparente que ata que constituímos a nosa sección sindical, ninguén sabía que os despedimentos eran disciplinarios e sen indemnización.

 

Á ONG interésalle tanto que os seus equipos aguanten «o máximo tempo posible» que un dos requisitos valorables para a posición de "Técnico de reclutamento e selección de captadores de socios" é ter «experiencia en perfiles con alta rotación como: comerciales, teleoperadores, captadores de socios, etc.». Somos tan prescindibles que cando a propia organización avalía a tasa de rotación do seu plantel, exclúesenos da estadística para poder dar una cifra porcentual máis baixa.

O caso é moito máis flagrante cando se revisan as condicións dos equipos de captación de empresas subcontratadas por Médicos Sin Fronteras. A ONG cada vez subcontrata máis ca intención de desentenderse das condicións laborais das persoas que traballan facendo socias/os. É unha maneira fácil de "escurrir o bulto", pero o certo é que a responsabilidade segue sendo a misma. Cando se busca a Médicos Sin Fronteras nos portais de emprego sempre se ven os mesmos anuncios pola simple razón de que os despedimentos nestas empresas fan que se precisen novas contratacións de maneira casi semanal. Na maioría dos casos, estas empresas contratadas por MSF non pagan aos seus planeis un salario co que sexa posible sobrevivir e ademáis se traballa máis horas das contempladas no contrato para poder acadar, de novo, obxetivos abusivos.

Finaliza Monllau instando ao diálogo para o entendemento. Supoñemos, o mesmo diálogo mostrado ao despedir ás/aos sindicalistas que interpuseron ao redor de 80 demandas. Supoñemos, o mesmo diálogo mostrado ao instaurar de forma unilateral unha cláusula de rendemento que fai as veces como espada de Damocles. Supoñemos, o mesmo diálogo mostrado en todas e cada unha das peticións realizadas por este sindicato: ningún.

Médicos Sin Fronteras xamáis tivo intención de negociar nada e os únicos pasos dados polo seu departamento de fundraising foron deixar pasar o tempo e ofrecer cartos a cambio de silencio. A «constante revisión e mellora» da que fala traduciuse no empeoramento das (agora e sempre) precarias condicións do F2F.