Prensa obreira

Os GES organízanse polo seu futuro

  • Logo GESA CNT ven de solicitar reunión coa Deputación de Pontevedra e o Consorcio Contraincendios
  • Os GES de A Guarda promoven xuntanza entre compañeiros/as dos distintos concellos para dar voz aos traballadores/as o 3 de xuño en Moaña

No ecuador do segundo convenio entre Xunta, Deputacións e Concellos que regula o traballo dos Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) continúa a incerteza sobre a continuidade dos postos de traballo. Os traballadores/as das emerxencias tras anos de servizo á veciñanza, en non poucas veces arriscando a súa vida e con escaseza de medios, cumpriron coa súa encomenda e esixen que as administracións cumpra tamén coa súa parte.

É neste momento, cando aínda hai marxe de tempo onde os traballadores/as deben ser escoitados. E é por iso que a Sección Sindical dos GES ven de iniciar un proceso de diálogo coas distintas partes implicadas. O proceso foi iniciado xa a principios deste mes coas solicitudes de reunión tanto coa Deputación de Pontevedra como co Consorcio Contraincendios.

O seguinte paso é a vindeira convocatoria de reunión cos traballadores/as dos GES dos dintintos concellos de Galicia que terá lugar o dia 3 de xuño ás 17h. na Casa da Mocidade (r/ Maria Martin s/n. Urbanización O Rosal) no Concello de Moaña.Esta reunión preténde poñer en común toda a información da que se dispón neste momento e escoitar ás inquedanzas dos traballadores/as para ver se existen puntos de encontro comúns que puidesen artellarse de cara a seguir mantendo as negociacións co resto de actores implicados na continuidade dos GES.