Prensa obreira

CNT denuncia o ERTE ilegal de Pórtico Comunicaciones

  • Portico logoDestapase outro entramado empresarial fraudulento que alega causas económicas para os despedimentos
  • O 25% da plantilla vese afectada pola suspensión dos seus contratos

A firma audiovisual compostelana Pórtico Comunicaciones ven de impoñer o pasado abril un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) para parte da súa plantilla alegando causas organizativas e produtivas.

CNT denuncia este ERTE por consideralo ilegal e ser na realidade unha maniobra do grupo de empresas patolóxico denominado Atlantida Media, que a compostelana Pórtico Comunicaciones forma, xunto coas empresas radicadas no Concello de Ames: Zenit Televisión e Cinemar Films.

O sindicato CNT pide que se declare a nulidade da afectación ao ERTE e denunciua tamén distintas irregularidades laborais co plantel de traballadoras e traballadores como o encadeando de contratos temporais en fraude de lei, "chegando algún traballador a ter 51 contratos consecutivos nun mesmo ano" segundo declaran fontes sindicais.

A empresa Pórtico Comunicaciones ven realizando nos últimos anos producións audivisuais como: Desde Galicia para el mundo, Fontealba, Terra e vento, Noitemóbil, Antes do Silencio ou Grandes Lugares entre outras.