Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Mártires do Mar

O barco da memoria

O xoves día 7 de xullo rematou en Vilagarcía a exposición itinerante que percorreu varios portos da Galiza titulada "Mártires do Mar", a historia do sindicalismo mariñeiro galego nos anos anteriores á guerra civil pero que tamén chegaba até épocas posteriores, como, por exemplo, os anos nos que a CNT organizaba fuxidas en buques desde a costa coruñesa cara a Portugal, Franza ou Inglaterra.

Tamén hai unhas semanas apareceu nas livrarías a última entrega dos historiadores Eliseo Fernández e Dionisio Pereira, titulado O movemento libertario en Galiza (1936-1976), interesantísima achega á história do anarquismo na Galiza que se ven sumar aos outros traballos que realizaron ambos ou por separado sobre o anarquismo galego, unha história e un tema esquecido con vontade de esquecer por parte das diferentes institucións galegas que algo terían que ter feito como as universidades cos seus departamentos de História Contemporánea ou o Cortello da Cultura Galega.

A devandita exposición foi visitada por máis de 30.000 persoas que puideron comprobar como o sindicato CNT foi quen de lograr importantísmas conquistas sociais e sindicais no eido mariñeiro.