Prensa obreira

Contra a persecución das ideas, polos dereitos para todas!

  • CNT subscribe o manifesto Abrolhar que pide o arquivo da causa aberta contra o independentismo galego
  • A central anarcosindical anima a participar na mobilización deste 23 de abril en Compostela

A CNT súmase ao apoio de numerosas persoas e colectivos sindicais e sociais contra a aperación Jaro, o proceso xudicial aberto en 2015 na Audiencia Nacional contra independentistas galeg@s.

O manifesto Abrolhar, esixe do Goberno español o arquivo defintivo da causa aberta no tribunal contra estes militantes militantes independentistas da organización Causa Galiza e demanda a finalización deste tipo de operativos policiais lembrando que a pesar deste operativo, a organización independentista Causa Galiza volveu ser legalizada tras ser suspendida de actividades pola citada instancia xudicial.

O próximo 23 de abril celebrarase unha manifestación en Santiago na que se reclama, tamén, que remate o proceso xudicial contra o independentismo galego.

A CNT solidarizase deste xeito "coas persoas e organizacións afectadas pola represión das súas ideas", situación calificada como "intolerable" pola central sindical, que apela a loitar pola defensa dos dereitos de todas.