Prensa obreira

CNT denuncia á Panadería Volován

  • Panaderia volvovánA Panadería Volován do Rosal denunciada por non respectar a conciliación familiar dunha traballadora.

CNT vén de presentar demanda nos xulgados por un novo caso dunha traballadora da hostelería á que non se lle respectan os seus dereitos de conciliación da vida familiar, neste caso na Panadería Volován do Rosal.

Os problemas da traballadora xurdiron coa solicitude de concreción horaria ao comunicar unha redución de xornada por garda legal. Os empresarios de Volován non só se negaron a facilitar a conciliación horaria da compañeira senón que lle impoñen agora un lesivo horario que incumpre ademais o establecido no seu propio contrato de traballo.

Desde CNT, ante esta inverosímil situación e tras dialogar infructuosamente co empresario, preséntase a correspondente demanda nos xulgados contra a Panadería Volován.

Desde CNT agárdase que estos "arcaicos comportamentos contra os dereitos de conciliación" sexan erradicados do mundo laboral e anima á que os traballadores e traballadoras implicadas "planten cara e non fiquen caladas e ailladas" para que se respecten os seus dereitos.