Prensa obreira

Concentracións no xulgado en apoio das despedidas/os por Médicos Sin Fronteras

 

  • Novos piquetes de protesta como parte da campaña "MSF explota e despide"
  • Celebrados esta semana os xuízos das últimas compañeiras despedidas en Médicos Sin Fronteras.

Esta semana a CNT Compostela realizou dúas concentracións coincidindo cos últimos xuízos polos despedimentos do pasado outubro dos traballadores e traballadoras que a ONG Médicos Sin Fronteras tiña contratadas para a captación de fondos.

CNT reclama na rúa e nos xulgados a readmisión das persoas despedidas en Médicos Sin Fronteras ao considerar que se trata dunha estratexia da ONG para librarse daquelas persoas do plantel de captación compostelano que viñan reclamando os seus dereitos laborais.

Estos actos de protesta enmarcanse na campaña "MSF explota e despide" que a CNT vén desenvolvendo en Compostela nas últimas semanas e que tamén se estendeu ás oficinas da ONG en Madrid e Barcelona.

 

#MSFexplotadespide

 

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com   //  compostela@cntgaliza.org

www.cntgaliza.org/?q=msf