Prensa obreira

Tribunal Supremo condena a Xunta por despedimento nulo

  • O Tribunal Supremo dá a razón à CNT e obriga á readmisión definitiva de informático da Amtega.AMTEGA
  • A Xunta deberá aboar os salarios devengados durante o tempo do despedimento así como as custas do proceso.

Recente sentenza do Tribunal Supremo confirma a readmisión do sindicalista da CNT no seu posto de traballo na Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).

Tal e como xa mandatara o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en 2015, o informático ten dereito ao proceso de consolidación do seu posto de traballo sendo declarado nulo, por este motivo, o seu despedimento en xuño de 2014.

A Sección Sindical da CNT informa que a Xunta de Galicia é condenada a pagar os salarios deixados de percibir polo traballador así como as custas xudiciais xeradas neste complexo proceso levado a bo termo grazas aos servizos xurídicos da CNT.

Histórico:

2014 - Despedimentos informáticos
2015 - Sentenza do TSXG declarando nulo
2016 - Readmisión e recurso da Xunta