Prensa obreira

Novas protestas en solidariedade coas sindicalistas represaliadas en Médicos Sin Fronteras

 

  • Piquetes nas sedes de Médicos Sin Fronteras en Compostela e Madrid no inicio dos xuízos

 Esta semana CNT Compostela realizou dúas concentracións coincidindo co inicio dos xuízos polos despedimentos dos traballadores e traballadoras que a ONG Médicos Sin Fronteras tiña contratadas para a captación de fondos.

 De novo as protestas sindicais escoitaronse nas sedes compostelá e madrileña de Médicos Sin Fronteras e tiveron continuidade nas portas dos xulgados do social onde tiveron lugar os dous primeiros xuízos dos cinco que han celebrarse.

 Estos actos son parte da campaña en solidariedade cos despedimentos en MSF que o sindicato anarcosindicalista iniciou á pasada semana tanto á pé de rúa en Compostela, realizando pegadas de carteis e colgando faixas nas pontes de entrada á cidade, como na rede, a través da etiqueta #MSFexplotadespide.

CNT reclama na rúa e nos xulgados a readmisión das/os despedidas/os en Médicos Sin Fronteras ao considerar que se trata dunha estratexia da ONG para librarse daquelas persoas do plantel de captación compostelano que viñan reclamando os seus dereitos laborais.

 Desde a CNT Compostelana agradécese o apoio recibido "por parte de todas as persoas que nos transmiten á súa solidariedade e ás que veñen colaborando nesta campaña en todo o estado".

 

 

 

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com   //  compostela@cntgaliza.org

www.cntgaliza.org/?q=msf