Prensa obreira

Nova victoria no Colexio Santa Apolonia

  • O Colexio privado compostelano Santa Apolonia volve a perder o xuizo polo ERTE de verán imposto ao delegado da Sección Sindical de CNT.

Colexio Santa Apolonia
Declárase inxustificado o ERTE e queda demostrada a mala fe por parte da empresa e dos delegados de persoal (amarelos). O ERTE tiña como  obxectivo reprimir os traballadores que defenden os seus dereitos  de manera aberta e organizada.

A empresa Santa Apolonia caracterízase pola explotación que somete aos seus traballadores e pola represión . Leva a cabo ERTES ilegais, despidos , cambios de xornada, etc para facer calar e someter por medo calquera demanda.

A sección de CNT xa gañara nos xulgados o pasado setembro a demanda polo ERTE de inverno, que tamén foi declarado nulo e condenara ao Colexio por vulneración dos dereitos fundamentais dos seus traballadores/as.

A CNT seguirá loitando para defender os traballadores/as e  que se respeten os seus dereitos.

Toda a info de CNT en Santa Apolonia