Prensa obreira

Médicos Sin Fronteras rectifica e cede reincorporando á nosa compañeira.

 

  • Médicos Sin Fronteras cede ante as accións directas e xudiciais.
  • Non se depurarán responsabilidades no departamento de recursos humanos.

Médicos Sin Fronteras foi demandada a pasada semana ao non cumplir cos dereitos de conciliación familiar da nosa compañeira, captadora de fondos, en Santiago de Compostela.

A nosa compañeira levaba pouco máis dun ano en situación de excedencia por coidado da súa filla e solicitou reincorporarse o pasado decembro. Trátase dunha situación prevista polo órgano lexislador, que protexe ás persoas que decidan conciliar as súas vidas profesionais e familiares por medio de este tipo de excedencia, obrigando ás empresas a reservarlles un posto de traballo sen supeditación á existencia de vacantes.

Nembragantes, a resposta de Médicos Sin Fronteras foi primeiro negarse á reincorporación e logo dilatar o tempo con respostas vagas, probablemente co obxectivo de que á nosa compañeira se lle pasase o plazo de 20 días para presentar unha demanda e protexer os seus dereitos.

Ante a demanda e a acción directa de traballadora e CNT, Médicos Sin Fronteras decide reincorporala no seu lexítimo posto de traballo, recoñecendo así o seu erro e amosando novamente que ante esta patronal a defensa non é posible a través do diálogo.

 Non é a primeira vez que Médicos Sin Fronteras ten que rectificar ante as inxustizas que comete. O pasado mes de setembro xa tivo que arranxar a situación creada tras a campaña “Moitas cores, mesmos dereitos” e a condena por discriminación a un compañeiro e unha compañeira do sindicato. Non obstante, seguen sen anunciar a depuración de responsabilidades no seo do departamento de recursos humanos.

 A cuestión é moi sinxela: que houbera pasado se a nosa compañeira non demandase a Médicos Sin Fronteras para que respectasen os seus dereitos?

 A resposta, tamén, é moi sinxela: Médicos Sin Fronteras se libraría dunha traballadora sen ter que despedila e por ende sen ter que indemnizala. Por outra banda, a nosa compañeira non tería maneira de solicitar a prestación por desemprego.

 Así opera Médicos Sin Fronteras e dende a sección sindical da CNT non deixaremos de plantarlles cara aos seus abusos.

 

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela.

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

CNT en Médicos Sin Fronteras