Prensa obreira

CNT convoca asemblea traballadores/as do GES da Guarda

logo GES A Guarda

Os traballadores de CNT no GES de A Guarda, en virtude das capacidades outorgadas no art. 77.1 do ET, formalizan a convocatoria dunha asemblea de traballadores do GES de A Guarda, para os días 12 e 13 de Xaneiro de 2017 ás 09:30h.

A asemblea realizarase en dous días diferentes para cumprir o requisito de realizala fora de horario de traballo e obrigados polas quendas de vintecatro horas que impiden convocar a toda a plantilla simultaneamente. Tal asemblea considerarase única aínda que se realice en reunións parciais tal e como se expresa no art. 77.2 do ET.

A asamblea terá lugar na base do GES, sendo a orde do día a seguinte:

• Exposición do convenio franxa para a mellora do servizo

• Elección da mesa negociadora de dito convenio co Concello de A Guarda

A dita asemblea deberá asistir o comité de empresa, que a presidirá e deberá fornecer a urna necesaria para realizar a votación, que deberá realizarse a través de votación persoal, libre, directa e secreta, como se sinala no art. 87 do ET.

 

Sección Sindical CNT
Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES). Concello da Guarda

www.cntgaliza.org/?q=gesAGuarda