Prensa obreira

Médicos Sin Fronteras non respecta a conciliación familiar

 

  • O abuso patronal por parte de Médicos Sin Fronteras continúa.
  • Médicos Sin Fronteras volve a ser demandada ao realizar un despedimento encuberto.
  • Unha compañeira deste sindicato pediu reincorporarse da súa excedencia por coidado dunha menor sen éxito.

Médicos Sin Fronteras segue coas suas políticas laborais deplorables ao non respectar algo tan básico como é o dereito á conciliación laboral e familiar das persoas traballadoras. A nosa compañeira solicitou unha excedencia por coidado da súa crianza logo de desfrutar da súa baixa por maternidade, denegándoselle agora o seu reingreso xa que "o pasado 13 de Outubro se procedeu á amortización do seu posto de traballo" xunto cos despedimentos da sección da CNT.

Esta “amortización” do seu posto de traballo non foi notificada ata hai escasos días, comunicándoselle á traballadora que non tiñan previsto a contratación de persoal próximamente e que xa a chamarían cando isto pasase. Esta manobra torticeira ten coma resultado o despedimento encuberto da traballadora xa que prolonga de maneira indefinida a excedencia, deixando a reincorporación en mans da empresa sen ter en conta os dereitos da nosa compañeira. A situación excepcional na que se encontra a traballadora nin sequera lle permite solicitar a prestación por desemprego ao non ser despedida legalmente. Médicos Sin Fronteras parece non saber (ou non querer saber) que tanto o convenio como o propio estatuto dos traballadores obriga á empresa a reservar un posto de traballo da mesma categoría a aquelas persoas, mulleres ou homes, que se atopen en situación de excedencia por este motivo.

Médicos Sin Fronteras, referente humanitario, tamén é referente na precariedade e vulneración dos dereitos das traballadoras e dos traballadores. Unha empresa que se autodenomina empregadora responsable, disfraza as “facilidades de conciliación” e as “boas condicións laborais” co obxetivo de despedir ao seu antoxo, vulnerando calquera dereito e facéndoo gratis. As persoas combativas que se cuestionan estas políticas laborais non son benvidas na empresa.

Esta é outra mostra das políticas laborais “solidarias” de Médicos Sin Fronteras. Non chegou coa condena por modificiación sustancial das condicións laborais, nin tan sequera coa sentencia que condena á Organización por discriminación por motivos de nacionalidade dunha compañeira e compañeiro deste sindicato, senón que a multinacional da solidaridade segue a sumar demandas.

Dende a Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras prántamoslle cara aos abusos patroais. Cos nosos postos de traballo non se xoga.

ANTE A SÚA PRECARIEDADE, A NOSA SOLIDARIEDADE.

 


Estatuto dos traballadores, artigo 46.3

[...] Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcurrido dito plazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.