Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Memoria e verdade histórica

A memoria histórica só pode servir para coñecer a verdade. Iso é o que os anarcosindicalistas nos propuxemos cando decidimos participar con outras asociacións na conmemoración do “ano da memoria”. Neste pouco tempo decatámonos de que non só ás organizacións da dereita lles interesa que non se coñeza...

Se facemos unha panorámica das organizacións sindicais e políticas da chamada “esquerda” que tiñan respaldo social en Vigo antes do alzamento militar, atopámonos cun concello presidido polo Frente Popular, cun alcalde e 3 concelleiros do PSOE, e 2 de Izquierda Republicana. A UGT contaba con aproximadamente 6.500 afiliados e a CNT con aproximadamente 6.000. A FAI e as Xuventudes Libertarias contaban con 150 militantes.

O día 20 de xullo, luns, o capitán Carreró as 13:00 horas lé o bando militar na Porta do Sol. Manuel Lence ó intentar arricarlle o bando da man, cae morto; Fernando Rodríguez (CNT) responde desde as escaleiras da actual rúa II República cunha ráfaga de ametralladora.

Prodúcese unha estampida. Cae a Casa do Pobo (UGT). Os militantes da CNT asaltan armerías, a Aduana e o cuartel da Garda Civil de Teis. Fanse con poucas armas, pero coas 500 bombas caseiras feitas con botes de pementos os días anteriores, prepáranse para facerlle frente aos militares.

Levantan duas barricadas: unha nos Choróns e outra no Calvario. A CNT comenza a resistencia á que se suman traballadores que chegan doutras zonas de Vigo e doutras comarcas.
Pero estas barricadas só duran dous días. O xoves 23 iníciase a represión. Os militantes do movemento libertario son perseguidos con especial saña. O primeiro caido en Vigo será o compañeiro Taboada (CNT), que estando ingresado nun sanatorio, a Garda Civil o leva e o fusila na carretera de Balaídos.

Os detidos serán encadeados no antigo Frontón (posterior cine Niza, na rúa María Berdiales) e nun convento de monxas que había no Alto do Seixo (hoxe “Residencia O Seixo”). A ambos sitios dirixiranse os asasinos nos meses sucesivos para exterminar sistemáticamente a centos de vigueses.

O alzamento militar é un alzamento contra unhas ideas, contra unhas organizacións que querían cambiar o rumbo da historia. Lévase a cabo un plan de exterminio escrupuloso de militantes e familiares desas organizacións para atemorizar ao resto da poboación. Trátase dunha guerra de clases, onde os que van sufrir o maior número de baixas son as organizacións obreiras que estaban en situación de vertebrar o cambio social. ¡¡¡Non se pode facer memoria desde o anonimato!!!

¿Onde estaban nesas horas esas organizacións que tanto “autobombo” danse hoxe en día a través das súas editoriais e da prensa? ¿Por qué intentan ocultar os feitos? ¿Pretenderán obter algún tipo de rendabilidade por iso? ¿Ou intentan non falar dos feitos para que as organizacións que sufriron a guerra e a represión con maior dureza non recuperen o papel protagonista que só queren para eles?... Sexa o que sexa, tede claro unha cousa: os que fomentan o esquecimento desde posicións de “esquerda” son iguais ca dereita, porque ese foi o obxetivo de 40 anos de terror.

CADROS DO MOVEMENTO LIBERTARIO ASASINADOS NA RÍA DE VIGO
C.N.T. – XUVENTUDES LIBERTARIAS – F.A.I.

VIGO

César Rosas Bermúdez, Sindicato Metalúrxico.
Antonio Iglesias González, Sindicato Metalúrxico.
Fernando Lago Lago, Sindicato Metalúrxico.
Olegario Collazo Lago, Sindicato Metalúrxico.
Leopoldo Comesaña Lorenzo, Sindicato Metalúrxico.
Roberto Fernández Alvarez, Sindicato Metalúrxico e guerrilleiro.
Manuel Molares Álvarez, Sindicato Metalúrxico.
Germán Parga Varela, Sindicato de Industria Pesqueira.
Antonio Basilio Sayanes, Sindicato de Industria Pesqueira.
Robustiano Collazo Álvarez, Sindicato de Industria Pesqueira.
José Raimundo Santiago Torres, Sindicato de Industria Pesqueira.
José Pérez Prol, Sindicato de Industria Pesqueira.
Agustín Prieto Balsa, Sindicato de Industria Pesqueira.
Urbano Gándara Gallego, Sindicato de Industria Pesqueira.
Secundino González Querol, Sindicato de Industria Pesqueira.
Andrés Cordero Berastegui, Sindicato de Industria Pesqueira.
Julio Vázquez, Sindicato de Industria Pesqueira.
Adolfo Monroy Figueroa, Sindicato de Industria Pesqueira.
Manuel Rodríguez Careu, Sindicato de Industria Pesqueira.
Evaristo Melón, Sindicato de Industria Pesqueira.
Domínguez Ríos, Sindicato de Industria Pesqueira.
José Lago Barbeito, Sindicato do Transporte Marítimo.
Manuel Fernández, Sindicato do Transporte Marítimo.
José M. Taboada Martínez, Sindicato do Transporte Marítimo.
Cándido Fernández Lago, Cargadores y descargadores de carbones.
Enrique Ramos Rodríguez, Sindicato da Alimentación.
Manuel Maquieira Solla, Sindicato da Alimentación.
“Mareque”, Sindicato de Oficios Varios.
Gerardo Pereira Iglesias, Sindicato de Oficios Varios.
Luis Antela Conde, Sindicato de Oficios Varios.
José Calvillo Martín, Sindicato de Oficios Varios.
Antonio Vidal Parada, Sindicato de Oficios Varios.
Ramón Conde Gutiérrez, Sindicato de Oficios Varios.
Francisco Villar Rodríguez, Sindicato de Oficios Varios.
Juan Bautista Dávila, Sindicato de Oficios Varios.

REDONDELA

Alejandro González Cabaleiro, Sociedade Mariñeira de Chapela (CNT).

MOAÑA

José Paz Pena, “Solidaridad Marinera” (CNT).
Cándido Vilariño Santomé, “Solidaridad Marinera” (CNT).
Jesús Cancelas Corrales, “Solidaridad Marinera” (CNT).
Manuel Cancelas Corrales, “Solidaridad Marinera” (CNT).
Eugenio Cancelas Corrales, “Solidaridad Marinera” (CNT).
José Saavedera Sartié, “Solidaridad Marinera” (CNT).
José Rioboo Casqueiro, “Solidaridad Marinera” (CNT).
José Vilariño Samtomé, “Solidaridad Marinera” (CNT).
Francisco Jalda, “Solidaridad Marinera” (CNT).
José Fervenza Pena, “Solidaridad Marinera” (CNT).
Manuel Paz Pena, “Solidaridad Marinera” (CNT).
José Isidro, “Solidaridad Marinera” (CNT).

CANGAS

Emilio Rodal, “Alianza Marinera” (CNT).
Manuel Piñeiro Pastoriza, “Alianza Marinera” (CNT).
Manuel Fandiño, “Alianza Marinera” (CNT).
Francisco Soliño Soliño,. “Alianza Marinera” (CNT).
Luis Soliño Acuña, “Alianza Marinera” (CNT).
Daniel Antonio Núñez, “Alianza Marinera” (CNT).
Joaquín Fernández Rodas, “Alianza Marinera” (CNT).
Daniel González Graña, “Alianza Marinera” (CNT).
Normandino Núñez Martínez, “Alianza Marinera” (CNT).
Bernardo Lemos González, “Alianza Marinera” (CNT).
Manuel Soliño Soliño, “Alianza Marinera” (CNT).
Camilo Rodal Rodal, “Alianza Marinera” (CNT).
Rufino Miranda Cabral, “Alianza Marinera” (CNT).
José Millán Costas, “Solidaridad Marinera” de Aldán (CNT).
Jesús Millán Costas, “Solidaridad Marinera” de Aldán (CNT).
Alejandro Avendaño Ares, “Solidaridad Marinera” de Aldán (CNT).
BAIONA

Manuel Francisco Lijó Pérez, Sindicato de Pescadores de Baiona (CNT).
Félix Leyenda Rodríguez, Id.
José Rodríguez González, Id.

NIGRÁN

José López Luis, Sociedad Obrera de Sabarís (CNT).
Luis López Luis, Sociedad Obrera de Sabarís (CNT).
Manuel Aballe Domínguez, Sindicato de Mariñeiros de Panxón “El despertad del Valle” (CNT).
Francisco Antonio Pérez Pérez, Id.
Generoso Valverde Iglesias, Id.
Manuel Prado Pereira, Id.
Modesto Fernández Rodríguez, Id.
Constante Gallego Salgueiro, Id.
José Alonso Álvarez, Id.

(Nota: non se trata dunha lista exhaustiva)

Na historia, as augas estancadas, sexan as da costume ou as do despotismo, non toleran a vida; a vida depende da axitación que realizan uns poucos individuos excéntricos. En homenaxe a esa vida, a esa vitalidade, a comunidade debe aceptar certos riscos, debe admitir unha porción de herexía. Debe vivir perigosamente, se é que quere vivir.
¡NÓS NON VOS ESQUECEMOS!