Prensa obreira

Médicos Sin Fronteras é demandada por discriminación

  • Captadora de socios demanda a Médicos Sin Fronteras por vulneración de dereitos fundamentais
  • Denuncia discriminación e fraude de lei na contratación
  • A empresa discrimina traballadora por razón de nacionalidade
  • Este tipo de condutas discriminatorias poderían implicar multas de até 187.515 euros.

MSF discrimina

Unha traballadora filiada ao sindicato CNT veñen de demandar a Médicos Sin Fronteras por vulneración de dereitos fundamentais.

A captadora de socios da ONG foi vítima da discriminación por parte da empresa por razóns de nacionalidade ao non facilitar a conversión do seu contrato temporal (en fraude) a indefinido.

Segundo fontes do sindicato CNT «a traballadora leva prestando servizos como captadora de socios en Médicos Sin Fronteras desde hai dous anos e foi inicialmente contratada de forma temporal en fraude de lei, visto que os seus servizos obedecen a necesidades constantes da empresa».

Esta é unha práctica habitual no panorama empresarial, en que practicamente todos os contratos temporais son en fraude de lei no entanto, en decembro de 2014, Médicos Sin Fronteras decide a transformación de todos contratos de captadores e captadoras en contratos indefinidos. Todos menos o da traballadora estranxeira.

«Non queremos que utilicen o contrato para obter permiso de residencia»

A CNT salienta que «a compañeira se encontra en situación regular e que tanto os antigos contratos temporais como os novos pasaron a ser todos de carácter indefinido excepto o desta traballadora». Despois de reiteradas tentativas «a organización Médicos Sin Fronteras admite que a razón é ser estranxeira e non queren que utilicen o contrato para obter un permiso de residencia» dado que o actual permiso da traballadora é de estudos con posibilidade de traballar.

A organización anarcosindicalista afirma que «Médicos Sin Fronteras toma decisións que transcenden o seu poder mediante un criterio discriminatorio e impedindo que os traballadores exerzan os seus dereitos».

O sindicato CNT constituíu hai seis meses unha sección sindical na empresa Médicos Sin Fronteras e interpuxo un conflito colectivo por unha cláusula de obxectivos mínimos abusiva imposta con carácter colectivo pola empresa. Os filiados e filiadas ao sindicato non deixan de recibir constantemente sancións disciplinarias por non atinxiren os obxectivos, mais eses resultados dependen exclusivamente da planificación da empresa.

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

CNT Médicos Sin Fronteras