Enquisa HostaleríaDigna

De ouro para uns, baleiras outras.

O SOV de Ferrol inicia conflito coa empresa “La Mesa de Oro”, que publicita por internet menús de restaurantes galegos.

Esta empresa de nova creación, con domicilio no concello de Barro (Pontevedra), contratou -con contrato indefinido- o pasado 18 de decembro a unha compañeira, notificándolle verbalmente o 8 de xaneiro o despedimento (a ela e a outros dous traballadores) porque “os plans non saíran como pretendían”.

Ata o momento a compañeira non percibiu cantidade algunha, nin polos días traballados en decembro, nin polos de xaneiro, nin a liquidación, nin a indemnización pola improcedencia do despedimento. Tras varias chamadas infrutuosas á empresa por parte da traballadora e compañeiros do sindicato, presentouse a papeleta no SMAC; estando prevista a conciliación para o día 18.

peixes

 

A empresa aduce estar en negociacións cun banco -un deses cuxa mala praxe estamos todas pagando- e, namentres, o persoal a velas vir. Esta é a recuperación económica da que presumen e estes son os “creadores de riqueza” que a lideran.

 

Lembra que tes dereitos e organízate para loitar por eles.

 

 

Conta comigo, conta con CNT.