8M: folga xeral feminista

Novas concentracións en Pizza Móvil.

Continúan as concentracións en solidariedade cos dous despedidos en Pizza Móvil Gijón.

Concentración Narón

En Ferrolterra concentrámonos os días 3 de xaneiro no local de Ferrol e 16 de no de Narón para amosar o noso apoio aos compañeiros (despedidos por pedir cousas tan básicas como que a empresa proporcionase aos repartidores roupa de augas o uns servizos hixiénicos no local, para o uso dos empregados), o noso rexeitamento a estas prácticas de explotación laboral e acoso sindical e para informar á potencial clientela dos abusos aos que somete esta cadea ao seu persoal.

Traballadora, traballador, non consumas onde os teus dereitos non sexan respectados.

Se tocan a unha, tócannos a todas!