Enquisa HostaleríaDigna

Primeiros acordos con Médicos Sin Fronteras

Con data de 31 de Agosto de 2015, a nosa compañeira e delegada da sección sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras veu reducida, de forma unilateral por parte da Organización, a súa xornada laboral e o seu salario nun 20%. Pouco despois, presentábase a impugnación desta reducción, demandando a restitución das condicións anteriores.

Esta semana, antes de entrar ao xuízo, chegouse a un acordo coa Organización polo cal a nosa compañeira recupera as súas condicións laborais.

Dúas semanas atrás, a nosa reivindicación de obter os plans de traballo con maior antelación foi adoptada por Médicos Sin Fronteras para así poder conciliar mellor as nosas vidas laborais e persoais.

Desde a sección sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras valoramos positivamente estes acordos. Agardamos poder chegar a próximos entendementos no resto dos procesos abertos contra a Organización, entre eles, o conflito colectivo por mor da cláusula sétima dos contratos dos traballadores e traballadoras.

A sección sindical é máis forte cada día gracias ao apoio das compañeiras e dos compañeiros que a forman. Seguiremos loitando para que as nosas reivindicacións sexan atendidas e se respecten os nosos dereitos laborais.

 

CONTACTO:

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org