Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Acordo no restaurante Sicilia in Bocca

acordo no siccilia in boccaA CNT ven de asinar un acordo para o seu afiliado no local de hostalería compostelana Sicilia in Bocca. Este beneficioso acordo para o traballador permítelle pasar de ter contrato por tempo determinado a un contrato indefinido, á ampliación de horas respecto as que facia actualmente, a que se lle respecten os horarios e dias libres e ao aumento proporcional da xornada de traballo de maneira prioritaria no caso de que aumente a carga de traballo no restaurante.

Traballador e sindicato valoramos positivamente este acordo ainda que non esquecemos as prácticas empresariais, prototípicas da hostalería compostelana, que sufriu durante meses o noso compañeiro e que chegaron ata o seu despedimento... é por iso que estaremos vixiantes ao cumprimento do acordo asinado.