8M: folga xeral feminista

Equilibra salud: os abusos patronais non dan tregua polo Nadal.

Esta ía ser una nota informativa para comunicarvos e celebrar a constitución da sección sindical de CNT na empresa “Equilibra Salud” S.L. Que a clase traballadora se organice para defender o seu é sempre unha boa nova, ademais de ser o que motiva a nosa existencia como sindicato, pero -como nos chistes- temos que dar unha noticia boa e unha mala.

organízate e loita

Hai dúas semanas parte do cadro de persoal da devandita empresa contactaron co sindicato de oficios varios de Ferrol porque detectaban movementos estraños no seu centro de traballo: parecía que estaban a se desfacer de stocks, houbo despedimentos “disciplinarios” por motivos nimios... A situación semellaba preocupante, polo que se decidiu constituír sen máis dilación unha sección sindical para afrontar o que puidese vir.

E non puido ser máis a tempo: o mesmo día que quedou constituída a sección a empresa comunicou ao cadro de persoal que estaban de vacacións e que á volta destas terían que afrontar un expediente de regulación de emprego. Horas despois de que se presentase a documentación no SMAC e quedase rexistrada a sección, a empresa presentou o ERE.

O delegado da sección sindical, o noso secretario de acción sindical e o equipo de asesoría laboral do sindicato xa están traballando en oposición a este proceso de despedimentos masivos, dificilmente xustificable nunha empresa que estaba a funcionar con normalidade e a obter beneficios. Por outra parte, o conxunto da afiliación está alerta e non dubidará en mobilizarse para evitar que os patróns “voen” coas ganancias, mentres que a débeda ao persoal a cubra o FOGASA (é dicir, todos e todas nós).

 

Organízate e loita. Conta comigo, conta con CNT.