Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Estación de Servizo Coirós explota e despide.

Neste eido da loita sindical hai momentos nos que a tomadura de pelo por parte da clase empresarial (e a cómplice inactividade daqueles que deberían garantir o cumprimento da lei e, por iso, as nosas garantías laborais e dereitos) acadan niveis de ridículo tais que un dubida de se o motivo, por unha vez, en troques da habitual cobiza non será algunha forma grave de ignorancia.

Este é o caso dunha nosa compañeira que traballaba na gasolineira que nos ocupa: entrou a traballar no mes de marzo cun contrato de tres meses, que lle foi prorrogado outros nove e que, como veremos, non chegou a cumprir.

O devandito contrato era de media xornada, pero a nosa compañeira tiña que traballar a xornada completa. Farta de abusos (o contrato que non cadra coa xornada a cubrir, descansos non respectados -nin entre xornada, nin semanais-, domingos que lle correspondían por convenio e que tivo que currar... mesmo a subtracción de cinco días dos quince aos que tiña dereito por matrimonio) decidiu traballar soamente aquelas horas polas que estaba contratada, o que fixo durante o seu último mes na empresa. A raíz disto foi despedida, alegando a empresa como causa do despedimento amortizar postos de traballo, motivo difícil de crer, dado que entrou outra persoa a traballar o mesmo día do despedimento. A ela, verbalmente, comunicáronlle que é que precisaban unha persoa que traballase a xornada completa... o que tampouco é doado de crer, xa que quen a substitúe tamén ten contrato a media xornada.

conde Draco

A nosa compañeira ten o acto de conciliación por despedimento no SMAC o vindeiro 8 de xaneiro, mentres tanto sería preciso que a xerencia da estación de servizo aprendese a diferenza entre media e completa e que despedir a unha traballadora consciente dos seus dereitos por reivindicalos e contratar no seu lugar a alguén nas mesmas condicións de traballo é explotación. E que contra esta e calquera tipo de explotación laboral a clase traballadora está organizada e responde.

Basta xa de abusos patronais. Conta comigo, conta con CNT.