Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

UNHA VEZ MÁIS, EN DEFENSA DO NAVAL.

O SOV da CNT de Ferrol participou na manifestación convocada polos comités de empresa de Navantia Ferrol e Navantia Fene para solicitar carga de traballo para os estaleiros. Pese ao pobre labor de difusión realizado para unha mobilización que -seica- levaba organizándose dende o pasado mes de novembro e mesmo a certo arrecendo a electoralismo que flotaba no ar, milleiros de persoas marcharon na manifestación, conscientes do crucial papel que ten o sector naval na economía da bisbarra.

 

mani

Como xa é costume, os nosos berros e cancións loitaron contra o fúnebre silencio que adoita reinar nestes procesionais pasarrúas.

pancarta

Chegados ao teatro Jofre, onde se leron os manifestos, a nota de cor aportárona os tractores dos leiteiros, que seguen a loitar por un prezo xusto para a súa produción. Carteis electorais, tractores... pero, polo demáis, un domingo como todos e, o vindeiro, outra vaca virá ao millo das promesas, dos incumprimentos e do futuro roubado á sufrida ferrolanidade.

https://youtu.be/Cls-DEoUaB8