8M: folga xeral feminista

STOP AOS ABUSOS DE PIZZA MÓVIL.

Hoxe, domingo 13 de decembro, o SOV da CNT de Ferrol fixo unha concentración diante do local de Pizza Móvil da Avenida das Pías (Santa Comba, 15), en solidariedade cos compañeiros do SOV de Gijón despedidos por esta empresa.

faixa

O conflito comezou o pasado outubro, despois de que dous repartidores fosen despedidos por esixir da empresa cousas tan básicas como roupa de abrigo, taquillas para os seus obxectos persoais e servizos hixiénicos para o cadro de persoal. A resposta da empresa ante demandas tan razoábeis foi o despedimento disciplinario, acusando aos compañeiros de acosar verbalmente á encargada.

megafono

Na acción levada a cabo hoxe en Ferrol, dúas compañeiras entraron no establecemento, falaron coa encargada e repartiron panfletos entre o cadro de persoal e a clientela e, xa na rúa, difundímo-lo conflito entre a xente que pasaba, coreando consignas en contra da explotación que mantén a empresa, expresando a nosa solidariedade aos compañeiros despedidos e ofrecendo o apoio do noso sindicato a quen puidese estar sufrindo situacións semellantes.

https://youtu.be/gXXaPwIAsmo

A forza do obreiro, a soliedariedade. Ningún despedimento sen resposta. Xa abonda de abusos patronais.