Prensa obreira

Concentración en Ourense contra a represión en SERVICARNE

servicarneNo día de hoxe, 2 de decembro, a CNT concentrouse en Ourense en apoio aos compañeiros da empresa SERVICARNE reprimidos por facer sindicalismo en Valencia e trasladados a Ourense como medida de presión por parte da empresa.

As concentracións tiveron lugar durante a mañá; primeiro na estación de ferrocarril e, un pouco máis tarde, diante da planta de COREN.

 

 

Durante meses veñense pedindo unha serie de aclaracións sobre o salario e horario, peticións de información que foron ignoradas por SERVICARNE, contestando con acusacións contra os traballadores e traballadoras reivindicativos e ameazando a calquera outro socio que quixese sumarse a protesta. A empresa contratante colaborou nesta represión dos socios e socias de SERVICARNE, obstaculizando a entrega de comunicacións por parte do noso sindicato, a CNT.

O pasado mércores 11, a Xefa de Equipo comunica a 6 traballadores/as dunha sección, entre os que se atopan varios afiliados e afiliadas á CNT que asinaran algunhas reivindicacións, o seu traslado forzoso ao centro de traballo de SERVICARNE en COREN na planta de Santa Cruz de Arrabaldo en OURENSE, colaborando deste xeito COREN na división dos compañeiros e compañeiras reivindicativos e no obxectivo de tentar propagar o medo e a submisión entre o persoal, con este traslado represivo e ditatorial a máis de 900km.

Estas empresas non toleran o recente crecemento sindical da CNT que se está dando nos distintos centros de traballo arredor do estado, nin as protestas polo trato indigno da Xefa de Equipo de SERVICARNE (Begoña Santana) contra os seus propios socios/as, aos que ameaza ou sanciona arbitrariamente, e despraza dun posto ou horario a outro sen máis preaviso que un día, e sen preguntar pola disposición dos compañeiros ou compañeiras.

Estes movementos só buscan a baixa voluntaria da empresa, cousa que non vai a suceder, xa que imos loitar con todos os medios posibles, ata que se bote para atrás esta decisión e os traballadores e traballadoras sexan recolocados noutras seccións do mesmo centro de Almassora. Para iso contamos co noso sindicato, a CNT, e a súa recentemente creada Coordinadora Estatal de CNT en SERVICARNE, que vén reunir e organizar a loita sindical contra as brutalidades que veñen sufrindo os socios e socias desta cooperativa por todo o estado, co consentimento do Consello Reitor. O Sindicato esixiu unha reunión urxente con Produtos Florida e SERVICARNE, e as mobilizacións non pararán até a reincorporación dos compañeiros/as no seu mesmo posto de traballo.

CORREO: servicarne@cnt.es
WEB: servicarne.cnt.es
TELF. 622 241 910

Na empresa avícola Produtos Florida, de Almassora (Castellón), non se tolera a

actividade sindical nin os dereitos máis básicos dos traballadores e traballadoras de

SERVICARNE que prestan servizo. Durante meses veñense pedindo unha serie de

aclaracións sobre o salario e horario, peticións de información que foron ignoradas por

SERVICARNE, contestando con acusacións contra os traballadores e traballadoras

reivindicativos e ameazando a calquera outro socio que quixese sumarse a protesta. A

empresa contratante colaborou nesta represión dos socios e socias de SERVICARNE,

obstaculizando a entrega de comunicacións por parte do noso sindicato, a CNT.

O pasado mércores 11, a Xefa de Equipo comunica a 6 traballadores/as dunha

sección, entre os que nos atopabamos varios afiliados e afiliadas á CNT que

asinaramos algunhas reivindicacións, o seu traslado forzoso ao centro de traballo

de SERVICARNE en COREN na planta de Santa Cruz de Arrabaldo en

OURENSE, colaborando deste xeito COREN na división dos compañeiros e

compañeiras reivindicativos e no obxectivo de tentar propagar o medo e a submisión

entre o persoal, con este traslado represivo e ditatorial a máis de 900km dos nosos

fogares.

Estas empresas non toleran o recente crecemento sindical da CNT que se está dando

nos distintos centros de traballo arredor do estado, nin as protestas polo trato indigno

da Xefa de Equipo de SERVICARNE (Begoña Santana) contra os seus propios

socios/as, aos que ameaza ou sanciona arbitrariamente, e despraza dun posto ou

horario a outro sen máis preaviso que un día, e sen preguntar pola disposición dos

compañeiros ou compañeiras.

Estos movementos só buscan a nosa baixa voluntaria da empresa, cousa que non vai a

suceder, xa que imos loitar con todos os medios posibles, ata que se bote para atrás

esta decisión e sexamos recolocados noutras seccións do mesmo centro de Almassora.

Para iso contamos co noso sindicato, a CNT, e a súa recentemente creada

Coordinadora Estatal de CNT en SERVICARNE, que vén reunir e organizar a

loita sindical contra as brutalidades que vimos sufrindo os socios e socias desta

cooperativa por todo o estado, co consentimento do Consello Reitor. O Sindicato

esixiu unha reunión urxente con Produtos Florida e SERVICARNE, e as mobilizacións

non pararán até a reincorporación dos compañeiros/as no seu mesmo posto de traballo.