8M: folga xeral feminista

Novo piquete contra a empresa INESFOR

INESFOR segue sen pagar as súas empregadas.
Recentemente, como indicamos anteriormente, varias persoas empregadas na empresa formación INESFOR, con sede en Bertamiráns, foron despedidas tras reclamar romper a súa relación laboral coa empresa xa que levaban varios meses sen recibir o seu salario. A resposta por parte do empresario foi o despido sen recibir ningunha cantidade da que se lles adebeda.

Piquete INESFOR outubro

Desde a CNT movilizámonos novamente o pasado venres para esixir que a empresa INESFOR cumpra e pague o que corresponde. Continuaremos presionando ate que todas as reclamacións se fagan efectivas.

INESFOR paga o que debes! Leonardo Amboage paga o que debes!