Enquisa HostaleríaDigna

Piquete da CNT na Pulpería Fuentes

No mediodía do pasado sábado 3 de outubro a CNT concentrámonos diante do bar Fuentes, co que iniciamos conflicto tras o despedimento dunha compañeira deste sindicato.A decisión de despedir a esta traballadora prodúcese tras unha reclamación con respecto as súas condicións de horario, días libres e o pago das cantidades que se lle adebedaban. Por iso consideramos desde a CNT que a compañeira debe ser readmitida.

O piquete desenvolveuse con relativa normalidade e ás persoas concentradas fixemos saber ás veciñas e veciños de Conxo a situación e os motivos da nosa presencia, que será persistente en canto a readmisión non se produza.