8M: folga xeral feminista

Presentación libro: Reformismo e okupación

10/01/2015 18:00

O dia 20 de mes de Novembro foi o 78 aniversario da morte do destacable anarcosindicalista e revolucionario anarquista Buenaventura Durruti. Nesta sinalada data do ano 2014 nace o Núcleo Confederal de CNT-AIT do Condado-Paradanta, pertencente ao Sindicato de Oficios Varios de Vigo. Pasado un mes, no noso afán de dar pequenos pasiños cara a construcción do anarcosindicalismo na comarca do Condado-Paradanta organizamos a charla: “Que é o CEL??” Un colectivo estudantil libertario que nos explicou o seu xeito de funcionamento e os seus obxectivos, asi coma os métodos de loita e principios que utilizan. Tres semanas despois ofrecemos outra actividade cultural cunha temática diferente, pero non por elo carente de menos ou mais interese ca anterior, pois ambalas duas buscan o coñecemento e promoción de proxectos con características compatibles entre elas e co espiritu que o noso sindicato trata de confluir con conceptos como loita, autoxestión ou apoio mútuo entre outros. La Rosa Negra Ediciones trasladaranos e diagnosticarán o libro “Reformismo e okupación. Cómo okupar e non morrer no intento”. Alén da analise do devandito libro tamén nos comentarán proxectos pasados e os que teñen en mente cara o o futuro. Coa idea de seguir realizando actividades socioculturais, ademais das propiamente sindicais convidamos e esperamosvos o dia Sábado, 10 de Xaneiro, as 18.00 horas no local sindical de CNT-AIT, en Ponteareas. La Rosa Negra Ediciones é un proxecto de edición e distribución de libros independente das canles comerciais capitalistas, naceu a comezos do ano 2013 e estructurado de maneira autoxestionada. A idea que inspira a actividade de La Rosa Negra é facilitar a aproximación entre as persoas e a industria alternativa do libro crítico, e deste modo fomentar espazos de reflexión a marxe do poder que posibiliten un cambio social. Para alcanzar este cambio eficazmente é necesaria a difusión das ideas libertarias, ideas auténticamente rupturistas respecto do statu quo. Os beneficios económicos obtidos pola actividade de La Rosa Negra son sempre reinvertidos en novos proxectos editoriais, adquisición de novos titulos e noutros gastos xerados pola propia dinámica da libraría/editorial. Dende unha profunda convicción política antiautoritaria, as persoas que forman parte de La Rosa Negra entenden que os únicos proxectos políticos realmente revolucionarios son aqueles que rexeitan o lucro persoal e a profesionalización da revolta. Por elo, estarán sempre codo con codo, traballando sen descanso, con aquelos selos independentes que utilicen o libro coma un instrumento revolucionario de loita contra o Estado e a propiedade privada; e sempre dispostos ás coedicións, as colaboracións e a axuda mutua, nun contexto libertario no que construamos un espazo totalmente antagónico do capitalismo e a sua mercantilización de literatura e cultura. Este xeito de traballar atopa a xustificación na idea de que a maneira na que se fan as cousas esteán estreitemente relacionadas coa fin que se pretende acadar. Non podemos, nin sabemos, concebir a anarquía sen practicala. Por iso creemos que a anarquía (ese belo ideal de igualdade, liberdade e, por que non dicilo? amor fraternal entre todolos seres humanos) non só e unha fin, senón tamén un xeito de camiñar, e de entender a vida. Demos renda solta a todolos procesos posibles de liberación¡¡