Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Marchas da diginidade 29-N. Nos Imos!!

 

Pan, Traballo, Teito... Dignidade - Xornadas de loita do 24 ao 29-N

As Marchas da Dignidade volvemos saír á rúa para gritar ben alto PAN, TRABALLO, TEITO... DIGNIDADE. Saímos á rúa porque nos atopamos ante unha situación extremadamente difícil, unha situación límite, de urxencia social, que nos convoca a dar unha resposta colectiva e masiva da clase traballadora, a mayoria social e os pobos.

Millóns de traballadores e traballadoras atópanse sen emprego. Centos de miles de familias perderon a súa casa. Gran parte da mocidade vese abocada a buscarse a vida no estranxeiro. Ás mulleres quérennos quitar o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos. Aos pobos néganselles o dereito a decidir. Seguen recortando en saúde, educación, dependencia, etc... enganaron aos nosos maiores coa estáfa bancaria das preferentes. Estamos asistindo ao roubo de dereitos e ao empobrecimiento xeneralizado da maioría social e todo en nome do pago dunha débeda ilexítima e odiosa que non contraeron os cidadáns e cidadás.

Mentres, overdadeiro poder, o que non se presenta ás eleccións, segue enriquecéndose e corrompendo ao poder político. Seguen levándose diñeiro aos paraísos fiscais, usando tarxetas opacas e regalando decenas de miles de millóns de diñeiro público, diñeiro que sae dos nosos impostos, para salvar a bancos e especuladores. Quérennos facer tragar un "Tratado de Libre Comercio" entre a UE e EE.UU. (TTIP) que se negocia secretamente e que beneficia ás grandes multinacionais a costa do pobo. E cando se protesta, sempre obtemos a mesma resposta: a represión e a criminalización. Agora, ata, pretenden roubarnos a liberdade para manifestarnos e expresarnos poñéndonos unha mordaza que blinde o abuso policial. Non só están aproveitando a crise para recortar dereitos sociais, tamén intentan suprimir liberdades democráticas. A este sistema corrupto e indecente sóbranlle as liberdades e os dereitos da maioría social.

Pero, non o imos a consentir. Ímonos a rebelar. Porque este sistema que busca exclusivamente o beneficio privado duns poucos nos leva inexorablemente a unha catástrofe medioambiental e social de alcance incalculable. Porque esta crise-estafa está significando un xigantesco drama humano. Porque non queremos ser cómplices do seu militarismo e as súas guerras de rapiña. Porque non queremos ser parte dos seus sucios negocios especulando coa saúde e a vida de millóns de persoas.

Tras xuntarnos un millón e medio de persoas o 22 de marzo en Madrid, rodeamos os seus parlamentos o 21 de xuño e sinalamos aos auténticos responsables o 24 de outubro en Asturias. Agora volvemos de novo á loita.

Facemos un novo chamamento á movilización social na semana do 24 ao 29 de novembro na que convocamos movilizaciones polo emprego digno, por unha renda básica, polos servizos públicos e de calidade, polo dereito á vivenda e a dacion en pago, polas liberdades democráticas, polos orzamentos rectrictivos das administracións públicas, contra o pago da débeda odiosa, o paro, a precariedade, os recortes, o TTIP, a corrupción, o réxime do 78 e a represión e por suposto o 25-N contra a violencia cara ás mulleres.

Chamámosvos, especialmente, a protestar o 29 de novembro cando se convocarán manifestacións en todas as capitais de provincia. Chamámosvos a participar activamente nunha movilización por unha sociedade de homes e mulleres libres, unha movilización contra un sistema, un réxime e uns gobernos que nos agreden e non nos representan. Seguimos esixindo que se vaian. Que se vaia o Goberno do PP e, tamén, todos os gobernos que recortan e colaboran coas políticas da Troika. C.N.T.