Enquisa HostaleríaDigna

Conxo co 29N. Asemblea informativa

25/11/2014 20:00

cnt 29 n eu vouO próximo sábado 29 de Novembro terá lugra a ocupación da Praza do Obradoiro como resultado da confluencia das marchas da dignidade que sairán desde todos os puntos do país. Para preparar este gran acto central dunha longa campaña de protesta que leva meses en movemento realizarase unha asemblea informativa entre a veciñanza do barrio de Conxo para comentar os motivos que nos manteñen na loita e os motivos para que esta protesta non se deteña, senón que debe avanzar e xeralizarse. Esta asemblea será o martes 25 de Novembro, ás 20:00 no local da CNT, na rúa García Prieto 24-28.

Seguimos a padecer esta gran estafa provocada polo poder
económico para manter os seus insultantes privilexios e organizada
polos gobernos europeos, que actúan como o que son, unha mafia 
sen escrúpulos que non ten reparos en cometer os crimes que
sexan necesarios. A Estratexia do poder económico é clara, crean 
unha crise e a utilizan para que o pobo perda dereitos, e cando xa 
non os teñamos entón dirán que a crise rematou pero esos dereitos 
nunca voltarán se non loitamos por eles, se non botamos fora do 
goberno a toda esta panda de mafiosos, corruptos e ladróns, se non 
facemos que o poder sexa do pobo e non das elites económicas. 
Non pode ser que o goberno teña a desvergoña de manter uns
privilexios inxustos nas elites mentres temos máis de dous millóns 
de nenos e nenas en todo o estado español que pasan fame.
Regalan a empresas privadas o que é noso e negocian de costas 
ao pobo o tratado de libre comercio entre Estados Unidos e Europa 
para que as grandes multinacionais poidan facer o que se lles pete, 
sometendo completamente á vontade popular aos seus intereses.
Levan por diante o medio ambiente, non lles importa o máis mínimo 
acabar con animais, plantas e ecosistemas enteiros. Perpetúan un 
sistema baseado no crecemento ilimitado e no beneficio a corto 
prazo sen que importe a contaminación do medio natural.
Que clase de goberno é este que permite que os nenos e nenas 
pasen fame? Qué clase de goberno é o que permite que os bancos 
boten á xente á rúa? Qué clase de goberno pon o libre comercio por 
riba dos dereitos das persoas e da defensa da natureza?É un goberno indigno, un goberno criminal e un goberno ilexítimo 
porque traballa contra as persoas do común, e é un goberno traidor 
porque está a vender o país a potencias estranxeiras. Temos a 
obriga de rebelarnos. Este sistema é ruín e perverso, e temos que 
loitar para cambialo. Non o poderemos derrotar se non nos unimos 
na loita a gran maioría das persoas deixando de lado as nosas 
diferenzas, que son moitas menos das que nos pensamos. Non vai 
ser doado, non queremos ser triunfalistas, pero as Marchas da 
Dignidade amosaron cal debe ser o camiño, a unidade.
Hoxe estamos aquí, na praza do Toural para loitar polo que é noso 
e para chamar a todas as persoas que loiten con nós para ter pan,
traballo e teito.
Fronte a estafa do poder económico, dignidade 
e revolución!!!!

Seguimos a padecer esta gran estafa provocada polo poder económico para manter os seus insultantes privilexios e organizada polos gobernos europeos, que actúan como o que son, unha mafia sen escrúpulos que non ten reparos en cometer os crimes que sexan necesarios. A Estratexia do poder económico é clara, crean unha crise e a utilizan para que o pobo perda dereitos, e cando xa non os teñamos entón dirán que a crise rematou pero esos dereitos nunca voltarán se non loitamos por eles, se non botamos fora do goberno a toda esta panda de mafiosos, corruptos e ladróns, se non facemos que o poder sexa do pobo e non das elites económicas. 

Non pode ser que o goberno teña a desvergoña de manter uns privilexios inxustos nas elites mentres temos máis de dous millóns de nenos e nenas en todo o estado español que pasan fame. Regalan a empresas privadas o que é noso e negocian de costas ao pobo o tratado de libre comercio entre Estados Unidos e Europa para que as grandes multinacionais poidan facer o que se lles pete, sometendo completamente á vontade popular aos seus intereses.

Levan por diante o medio ambiente, non lles importa o máis mínimo acabar con animais, plantas e ecosistemas enteiros. Perpetúan un sistema baseado no crecemento ilimitado e no beneficio a corto prazo sen que importe a contaminación do medio natural.

Que clase de goberno é este que permite que os nenos e nenas pasen fame? Qué clase de goberno é o que permite que os bancos boten á xente á rúa? Qué clase de goberno pon o libre comercio por riba dos dereitos das persoas e da defensa da natureza? É un goberno indigno, un goberno criminal e un goberno ilexítimo porque traballa contra as persoas do común, e é un goberno traidor porque está a vender o país a potencias estranxeiras. Temos a obriga de rebelarnos. Este sistema é ruín e perverso, e temos que loitar para cambialo. Fronte a estafa do poder económico, dignidade e revolución!

A CNT estará presente nesta mobilización como sempre apoiamos os movementos deconfrontación ao sistema capitalista, deixando claro que o clima de paz social dos últimos anos está rematado. O expolio de dereitos e liberdades á clase obreira debe ser enfrontado coa loita na rúa, e esta loita debe estenderse até acabar co sistema capitalista en conxunto e contruír un novo sistema social a base da solidariedade e o apoio mutuo.

 Desde a CNT temos claro que esta loita debe ser levada a cabo na totalidade do seu proceso pola clase traballadora, entendida de maneira ampla, facendo oco a todos os suxeitos subalternos que o capitalismo ten creado e excluído. Por iso rexeitamos o carácter electoralista que certos grupos políticos pretenden dar a estas marchas e reafirmámonos no noso convencemento de que as solucións aos nosos problemas como clase oprimida virá da participación igualitaria de toda a clase e non poden ser negociadas con novos líderes e grupos que pretenden afogar a loita no voto e a dinámica electoral.

O cambio social que queremos, un cambio que estabeleza unha sociedade libre e de iguais, non pode vir dos medios do poder, polos que seremos traizoados novamente como ocorreu históricamente. Só será posible emprender o camiño da dignidade cando o poder resida nas asembleas, afastadas do modelo político e sindical xerárquico, de eleccións e parlamentos, de liberados e comités. Debemos loitar por unha revolución social que sexa capaz de transformar desde os cimentos esta sociedade baseada na desigualdade, a única forma de reconquistar nosa dignidade.

Vémonos na rúa o día 29, pero a loita debe continuar. Do 29-N ao Primeiro de Maio, á folga xeral.