8M: folga xeral feminista

Convocatoria de concentración en solidariedade co Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán convoca unha concentración o próximo xoves día 25 a partir das 18:30 h na Praza de Armas xa que un membro desta Xunta Directiva tomará a palabra no Pleno Municipal que se celebrará ás 19 h para volver esixirlle ao Concello que asuma os gastos de traslado e almacenamento do patrimonio da entidade, logo da asemblea aberta celebrada o día 8 coas diferentes asociacións do tecido asociativo e cultural que apoiaron estas mobilizacións.

DIFUNDE E ACUDE EN APOIO AO ATENEO E Á CULTURA POPULAR!