Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

I Xornada Libertaria de O Covelo

O vindeiro 26 de Xullo, celebrarase a primeira edición da Xornada Libertaria do Condado-Paradanta, a cal constará de dúas partes principais. 

Unha delas, consistirá dunha charla na que se tratará o asunto dos incendios forestais, perspectivas e autoxestión do monte.

Na outra poderemos atoparnos na praza unha ampla variedade de contidos, dende exposicións fotográficas, diversos postos artesáns, de libros, produtos da horta, etc.

Para amenizar máis a xornada, se cabe, teremos a posibilidade de disfrutar de música en vivo.

O lugar desta interesante proposta será na localidade de O Covelo, onde confluirán esta pluralidade de actividades que darán ben seguro un gran ambiente e un espazo social destacable onde pór en valor a solidariedade e o apoio mutuo.