Prensa obreira

A web Consellaria de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible non informa da vaga de incéndios

Hoxe, día 11 de agosto de 2006, compañeiras experimentadas realizaron unha pescuda na Internet para localizar novas e informacións várias sobre os lumes que traen a ruina aos montes da Galiza. Como era lóxico, remataron acudindo á web da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na que un empoleirado Pachi Vázquez da a benvida, con pose institucional e aires napoleónicos.

Pois ben, no buscador da devandita Consellería, que non esquezamos é a de Medio Ambiente, se introduces "incendios" di-che que non hai nada que ofrecer. Se tecleas "lumes", sí: unha noticia de Setembro de 2005. E se vas a "Últimas Novas" atoparás a última con data 9 de Agosto de 2006 referida, valga-nos San Bakunine, á liña directa de axudas aos agricultores polos danos ocasionados polos ¡xabaríns!, tamén chamados porcos bravos. Para que non botemos nada en falla, na Consellaría de Pachi hai unha Dirección Xeral de Conservación da Natureza que debe estar nas mans dun/dunha indocumentada con carné do PSOE.

Se algo cumpría pensar na lóxica do común, e sen coñecer a fondo a estrutura orgánica deste sen par Governo de Progreso, se algo cumpría pensar era que a Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible tivera algún tipo de información sobre o que está a acontecer nos montes do País, tivera "algo" que ofertar á cidadanía. Ren de ren.

Naturalmente, as xentes cando se enfadan cos políticos e cargos como os Directores Xerais non teñen razón. Son energúmenos que, ademáis, non votan. Son infra-cidadáns que descoñecen o labor, grandioso labor, que desenvolven a costa da sua saúde, da sua familia, do seu tempo de lecer. Por suposto, a cidadanía non ten dereito a mosquear-se con Governos de Progreso e con Conselleiros de Progreso como o bon de Pachi porque non teñan, os do Progreso, o aquel de informar decentemente da desgraza e da ruina que se nos ven encima. E así nos loce o pelo. Seica, esta Consellaría semella estar encabezada por outro lince da administración de catástrofes como era o Delegado aquel do Governo Español na Galiza, Arsenio Fernández de Merda, fica embora, vaites-vaites.

Estamos, outravolta, en mans de incompetentes, en mans de ratas da política.

Ou alguén dubida que a Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible non ten nada que dicer nesta situación infernal?.

Rematemos. Mudemos a pergunta. Ónde está Wally? por Ónde está Pachi?.

 

Sección sindical Xunta de Galicia

Campañas

 

Multimedia

Entrevista a sección sindical da Xunta de galiza realizada en Radio Filispim

Eventos

« Maio 2013 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031