8M: folga xeral feminista

SOV CNT Ferrol participará da manifestación contra a represión sindical

30/06/2014 20:00

O Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol participará o vindeiro luns 30 de xuño ás 20 h. con saída dende a Praza de España (Ferrol) na manifestación convocada en toda a Galiza contra a represión e criminalización que está a padecer a clase traballadora e a cidadanía en xeral simplemente por exercer o seu dereito a protestar: identificacións, detencións, xuízos, multas, cárcere, agresións policiais, etc. Consideramos que nestes momentos é de vital importancia a unidade da clase traballadora e un amplo seguimento nas rúas en solidariedade con todas as persoas represaliadas e porque, agora mais que nunca, é necesario seguir na loita.