Enquisa HostaleríaDigna

A Audiencia Provincial de A Coruña absolve aos compañeiros condeados en Ferrol polo conflito no Café Warhol

A Audiencia Provincial de A Coruña absolve aos compañeiros condeados en
Ferrol polo conflito no Café Warhol

Poñéndonos en antecedentes, a CNT de Ferrol inicia o conflito coa cafetería Warhol debido ao despedimento da compañeira Irene, á que o dono adebédalle nese momento a cantidade de 8.400 €, entre nóminas atrasadas e finiquito. Nun intento de negociación o empresario propón pagar esta cantidade en cuotas mensuais de 200 €, cousa que dende o sindicato consideramos inaceptable, polo que comezou unha campaña de concentracións reiteradas diante da cafetería esixindo o inmediato pago da débeda, ademáis do reparto de panfletos e pegadas de carteis, contando cun amplísimo apoio da cidadanía que agradecemos profundamente.

Aínda existindo unha sentenza xudicial que obriga ao empresario a pagar 11.000 € á compañeira, segue sen facelo, polo que a CNT continúa coas accións directas diante do seu local.
Tras continuas identificacións policiais o dono da empresa e a súa avogada proceden a denunciar por inxurias e ameazas a dazaseis compañeiros do SOV e ademáis a unha persoa que a policía identificou por estar alí no momento equivocado, que finalmente quedaría absolta. A xuíza establece unha condea por coaccións e establece unha multa para cada un de 15 días a 6 € diarios (90 €).
Pasado case un ano recibimos a sentenza do recurso presentado na Audiencia Provincial de A Coruña, na que o xuíz revoca a sentenza do xulgado de Ferrol e absolve aos compañeiros, non sen indicar que o motivo é que o feito da condea é distinto ao da denuncia, valorando que as accións que se desenvolveron durante o conflito laboral non corresponden a accións sindicais.

A día de hoxe o empresario só lle abonou uns 2.000 € á nosa compañeira, menos dunha cuarta parte da débeda, mentres o que chaman xustiza, aínda que o resultado fora a absolución, non considera que as concentracións pacíficas ou a propaganda sexan accións sindicais, un claro intento de criminalizar e reprimir as protestas da clase traballadora contra unha patronal explotadora e despiadada.

Dende CNT seguimos a defender a acción directa como a mellor arma de loita da clase obreira, e seguiremos a loitar polos dereitos de tódalas compañeiras, porque se tocan a unha, tócannos a todas.

Unha vez máis, CAFETERÍA WARHOL, PAGA O QUE DEBES!