Prensa obreira

Informátic@s despedidos na Xunta de Galicia

 CNT: Non mais despedimentos na XuntaO pasado 13 de xuño foron despedidos da Xunta de Galicia informátic@s pertencentes á AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxia de Galicia) que formaban parte desta sección sindical de CNT. O seu despedimento prodúcese a consecuencia da resolución do concurso de traslados do persoal informático da Xunta de Galicia, tras ser cubertas as súas prazas.

Estos compañeiros viñan desenvolvendo o seu labor informático na Consellería de Educación desde fai máis de 8 anos, primeiro en nómina do binomio empresarial Sermicro e Informática de El Corte Inglés e despois, tras varios meses de despido, ao ser incorporados como persoal laboral indefinido non fixo da Xunta seguindo o ditame xudicial que demostraba a existencia dunha doble cesión ilegal de traballadores. Así, anos despois, a Consellería de Educación viuse obrigada a crear as prazas (ambas as dúas de nivel 25) que posteriormente se ofertarían no concurso de informática, tendo as dúas bastante demanda entre o persoal informático con dereito a concursar.

En resumo, o coñecido proceso de trasformación de prazas PRIVADAS pertencentes a postos base da Xunta que se atopan subcontratados, en prazas PÚBLICAS a cubrir por persoal propio. [VIDEO: explicación subcontratación ilegal Xunta de Galicia]

Actualmente, a compañeira e o compañeiro están á espera da resolución xudicial de varias denuncias que teñen interposto contra a Xunta de Galicia por diferencias salariais, de cotización, etc. e preparan a correspondente denuncia por despido polas múltiples irregularidades que presenta o seu caso, xa que se ben non teñen dereito a quedarse coa praza que obrigaron a crear, si teñen dereito a que o seu cese fora feito conforme a dereito.

Por último, sinalar o agradecemento dos nosos compañeiros de cara a todas as persoas coas que compartiron traballo durante estos anos, e en especial, para os moit@s que se solidarizaron coa súa loita contínua.

 

Video explicación subcontratación ilegal Xunta de Galicia (Marzo 2011):