8M: folga xeral feminista

Xornada internacional de loita pola readmisión do compañeiro despedido en ISBAN

O pasado xoves 5 de xuño o Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol realiza unha concentración esixindo a readmisión do delegado da sección sindical en ISBAN, empresa vinculada ao banco Santander, despedido por constituir unha sección sindical e denunciar a cesión ilegal de traballadores entre ISBAN e Panel Sistemas, entre outras cousas (contratación precaria, despedimentos irregulares, xornadas laborais abusivas, etc.); un claro exemplo de acoso e represión sindical.

A concentración realizouse ás portas dunha das oficinas do banco Santander, enmarcada nunha xornada de loita non só estatal, senón global, alí onde a multinacional ten as súas sedes, porque a solidariedade e a acción directa son as mellores armas da clase traballadora.

Repartironse panfletos informando da situación das persoas que traballan nestas empresas, nas que os seus dirixentes evaden á xustiza e obteñen uns beneficios económicos desorbitados mentres tratan aos seus traballadores e traballadoras como mercadoría.

A CNT non vai a parar de denunciar e loitar contra estes ataques á clase traballadora,Traballador organizado patron acojonado!