Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Teletraballo para que? para quen?

Desde a sección sindical da CNT na Xunta de Galicia vemos con preocupación a postura da Administración autonómica no desenvolvemento das medidas de conciliación familiar dos empregadas e empregados públicos. Actualmente temos constancia das dificultades de moitos traballadores/as para poder facer efectivos e desenvolver con plenas garantías os dereitos de conciliación recollidos na lexislación actual, especialmente no referente ás flexibilizacións horarias por conciliación familiar e ao teletraballo.

Respecto do teletraballo, unha vez que os prazos de resolución se esgotan observamos como a Administración denega sistemáticamente as solicitudes dos traballadores/as con pobres argumentos (copia-pega de resolucións) baseados en informes falseados e incluso incurrindo en irregularidades (p.e. resolver negativamente fora do prazo establecido) resultando que a dia de hoxe, ninguén semella ter concedido este dereito de conciliación.

Este é o caso do compañeiro Pablo da sección sindical de CNT, informático da AMTEGA en San Caetano con 2 fill@s a cargo que cumprindo sobradamente os requisitos recibe o último dia do prazo a correspondente resolución denegatoria onde se indica  que o traballo que realiza é necesariamente presencial. Sen querer entrar en detalles, a cousa non deixa de ser curiosa pois no propio servizo moitos compañeir@s “deslocalizanse” de maneira normal e habitual, desde o propio persoal da AMTEGA no Gaiás ata desenvolvedores en lonxanos polígonos industriais.

Así, desde a sección de CNT preguntámonos para quen está pensado o teletraballo se a Xunta o denega nun caso tan claro… e porque hai tantos problemas para que centos de empregad@s públicos exerzamos os dereitos de conciliación familiar sen que se nos poñan trabas, non eran estes os defensores da familia!! para isto saca a Xunta unha Orde? só para vendernos a moto aos traballadores/as públicos? só para darlle carroña á prensa? só para presumir nos congresos sobre dereitos de conciliación?... lamentable!!

Con este panorama presente, e vendo que o futuro non semella moito millor visto o chapuceiro e ilegal borrador de instruccións para o desenvolvemento destos dereitos que se prepara desde a Administración, a sección sindical de CNT simplesmente exixe á Xunta de Galicia que cumpra coa legalidade vixente no relativo aos dereitos de conciliación dos empregad@s públicos. En especial, e de maneira urxente debido ás súas circunstancias particulares, no caso do noso compañeiro Pablo.

Finalmente, desde a sección sindical de CNT cremos que ante un problema colectivo coma este debe artellarse tamén unha resposta colectiva, complementando as denuncias individuais… así, ofrecemosvos a posibilidade de facer unha reunión para poñer en común as problemáticas particulares e ver posibles vias de solución...Que nos dis?

Máis info do teletraballo e recomendacións de acción para @s solicitantes en: http://www.cntgaliza.org/?q=node/1688