Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Situación do teletraballo para os empregad@s públic@s da Xunta

Este 2 de abril de 2014 cúmprense 3 meses da entrada en vigor da ORDE do 20 de decembro de 2013 de flexibilización e teletraballo e polo tanto deberían comezar a resolverse as 171 solicitudes de teletraballo que lembramos contan co SILENZO ADMINISTRATIVO POSITIVO.

Asemade, os mecanismos técnicos que se veñen usando por parte de distintos traballadores/as  para acceder remotamente á rede da Xunta recóllense no documento da AMTEGA “Política de acceso remoto corporativo” (dispoñible no Portax). Neste documento indícase que “A solicitude de acceso remoto debe estar debidamente autorizada polo Xefe do Servizo ou superior xerárquico e é obrigatorio seguir o procedemento establecido a tal efecto” polo que será o noso xefe de servizo quen autorice este acceso desde a casa, necesario e imprescindible para cando menos poder realizar a fichaxe desde o noso domicilio contra a rede corporativa.

Así,desde a Sección Sindical de CNT na Xunta animamos aos solicitantes a exercer os dereitos que temos para comezar a teletraballar en canto venza o prazo de 3 meses desde nosa solicitude vista a falta de resolución “voluntaria” das solicitudes por parte da Administración e visto que o mecanismo técnico está perfectamente definido e probado.

Por iso, recomendamos aos solicitantes SOLICITAR por escrito ao correspondente xefe de servizo:

1) Que se me facilite o informe do centro directivo sobre a miña petición de teletraballo (dataSolicitude) unha vez que xa se cumpriron os 15 dias desde a petición realizada segundo se establece no artigo 15.2 da ORDE do 20 de decembro de 2013, conxunta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda, pola que se regulan a acreditación, a xornada e o horario de traballo, a flexibilidade horaria e o teletraballo dos empregados públicos no ámbito da Administración xeral e do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia.

2) Que se me facilite o acceso remoto á rede corporativa a través dalgún dos mecanismos contemplados no documento da AMTEGA “Política de acceso remoto corporativo” para poder dar comezo a teletraballar desde o meu domicilio a partir do vindeiro: dataSolicitude+3meses  data na que se cumpre o prazo de 3 meses desde a miña petición de teletraballo.

Por último, desde a Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia aportamos un pequeno resumo recordatorio das características do Teletraballo recollidas na Orde, e quedamos a disposición dos compañeir@s para resolver calquera cuestión ou "dificultade".

Resumo Características TELETRABALLO

Ámbito de aplicación

-Persoal coa tarxeta Kronos.

-Exclúese persoal do sergas, xustiza e centros docentes.
 


Requisitos

-Estar en servizo activo e ter 2 anos antigüidade no posto

-Ter tarefas non presencias

-Ter coñecementos e equipo

 

Características

-Prazo resolución 3 meses (silencio positivo)

-Depende das necesidades do servizo

-Máximo 3 xornadas semanais

-Disponibilidade para acudir ao centro de traballo

 

 

Pódenche interesar:

Resumo dereitos de conciliación para empregad@s públic@s da Xunta

Folla de cálculo para o control horario (traballadores/as con flexibilidade horaria)