Enquisa HostaleríaDigna

Victoria no conflito fronte a El Chivito

Dicía moi ufano o xefe destes establecementos de bocadillos que na hostalería hai moito negreiro solto, que non todos os hosteleiros son iguais, que aquí pagan xustos por pecadores e que el mantén un negocio case na ruína porque hai familias que soster.

Pero nada máis lonxe da realidade: xa no momento da entrevista, este “modélico” xefe ofrece 400€ por un contrato de 2 horas diarias e 300€ por un contrato de 8 horas diarias, evidentemente traballando moitísimas horas máis. Este “modélico” empresario non paga seguridade social porque di non ter diñeiro (e non será porque o gasta nos salarios), polo que a súa “pobreza” o obrigar a sacala do xornal dos propios traballadores; non paga horas extras, nocturnidade, vacacións... e, aínda por riba, se non entras polo seu aro de empresario hosteleiro rancio, bótate á rúa por dous duros (case literalmente) argumentando que xa non lle vales. Seguindo a súa máxima: EU PAGO, EU ESIXO!! Menos mal que el non é como eses negreiros que andan por aí!!

A nosa compañeira sufríu toda a explotación laboral deste empresario “tan comprensivo”: traballaba 26 horas (venres, sábados e domingos), cobrando 400€ e cotizando venres e sábado 2 horas cada día, tendo o domingo sen cotizar; os días festivos pagábanlle 20 míseros euros por 5 horas de traballo. Tras 9 meses de explotación, este empresario dase conta de que “xa non lles vale”, que era “lenta”... por non recoñecer a propia ineptitude empresarial e tentar aforrar un finiquito de case 4000€, a base de pretender amedrentala e rebaixala psicoloxicamente. Cousa que ela non aceptou en ningún momento.

A noite do pasado venres 21 de marzo, a CNT-AIT de Vigo (ante a negativa do empresario a recoñecer o finiquito adebedado) concéntrase ás portas do seu establecemento na rúa Jenaro de la Fuente nº 7 para facerlle saber que a mellor arma da CNT é a acción directa e que non iamos parar ata que á compañeira lle pagasen o que lle debían. Pouco máis de dúas horas de piquete fixeron falta para que a empresa correse a chamarnos o sábado pola mañá para satisfacer as débedas, co que, coa satisfacción da traballadora, damos o conflito por "finiquitado" lembrando a tod@s @s empresari@s explotador@s que

                                     EN CNT, SE NOS TOCAN A UN, TÓCANNOS A TOD@S!!

e que, unha vez máis, a CNT demostra que a acción directa segue sendo o único camiño!!