Enquisa HostaleríaDigna

Concentración + performance en Vigo este venres pasado na sé do PP

 

Seguindo co programa da campaña local "Marzo antirrepresivo" iniciada xa hai unhas cantas semanas, a CNT-AIT de Vigo saíu á rúa este venres pasado 21 de marzo baixo a convocatoria dunha concentración diante da sé do PP.

Como era de agardar, chegad@s alí, as forzas e corpos de seguridade do estado xa nos estaban a agardar impacientemente, supoñemos que para facer bulto connosco no acto, como non podía ser doutro xeito.

Sen deixarnos intimidar pola súa presencia (xa demasiado habitual en cada recanto das rúas e a cada minuto), despregamos unha pancarta, tiramos de panfletos, toque de altofalante... e comeza a función!! Un espello no que se reflicte o fascismo da democracia imperante: xente maniatada, silenciada, encapuchada e reducida no chan a meros... ROJOS!! FEMINAZIS!! RADICAIS!! TERRORISTAS!!

Que é o que somos: seres pestilentos e noxentos, put@s pobres que non facemos máis que queixarnos e saír ás rúas a pasear baixo quen sabe que lemas, que non damos un pau á auga, que non facemos mais que pedir traballo, médicos, autonomía nos nosos corpos, educación libre... que non sabemos máis que protestar e non obedecer!!

O reino do terror ten de rematar porque a clase traballadora xa está cansa de ter medo e agora pide liberdade.

                                         PORQUE A LIBERDADE NON SE LEXISLA,

                                                         CONQUÍSTASE!!