cnt cnt

Por qué todo arde ?

Pontevedra. 8 Agosto, 2006 - 19:07

Galiza está a arder, e nós con bágoas nos ollos, miramos aos políticos dándose coiteladas uns aos outros. Mátannos, 60 incendios provocados, casas en perigo e os traballador@s dos reténs anti-incendios xogando a vida.

Falade con calquer traballador dos anti-incendios, preguntádelles cando rematou o prazo de selección de persoal. A principios de Xullo aínda moitos non tiñan posto de traballo. Despois de trinta anos destruíndo os nosos bosques, que lles importaba aos políticos un ano máis?
O problema é que este ano non só arden os bosques e morre a nosa fauna, este ano arden as nosas casas, e morren os nosos veciños…

Se lle preguntas a un traballador dos reténs podería decirche moitas cousas…
Non deberían traballar todo o ano profesionais desbrozando, criando corta-fogos, asesorando ao politicucho de turno, que agora estaba de vacacións en Sanjenjo o Portonuevo, dicindo onde están os problemas e cales son as solucións.
Non deberían contar con profesionais formados, e non contratar inexpertos cando xa todo está encima?
Non deberían contar con recursos necesarios, no canto de ter que usar os seus teléfonos móviles cando as radios non resisten a calor?
Non debería estar o maior número nas zonas máis sensibles, e non dotar ás provincias co mesmo número de efectivos?

Preguntade e veredes o que é asistir un ano máis as probas de selección de persoal, a mediados de Xuño, onde miras a nenos de 17 anos, aterrados ante o traballo máis perigoso do país, entrando no cuarto da man do seu pai con cara de, “non aprobaches o curso, agora vas saber o que é traballarâ€. Ou mirar a persoas en tacóns na cola para facer as probas físicas; ou chegar ao teu grupo e ver que máis da metade dos traballador@s nunca se enfrentaron ao fogo, e onde os que si se enfrentaron teñen que vixiar o lume por diante e coidar dos que non saben por detrás.

Preguntade cantos efectivos do sacrosanto exército, que como o séptimo de cabalaría nos van salvar a todos como anuncian "La Coz de Galicia" e "El Cachondeo Gallego". Ao mellor os 26 militares que había nos incendios de Cotobade movéndose dun lado para outro son a solución, seguro que si…

Preguntade o que é chorar de impotencia os primeiros días, pensar que un compañeiro morreu, ou escoller unha dirección ou outra para que todo arda. e logo xa non sentir nada para non volverse tolo.

E nós non imos crer que sacaron a todos os pirómanos de Conxo e lles deron uns mistos e un bidón de gasolina. Son intereses os que están tras todo isto, pero para falar de a quen beneficia isto, si que é mellor que preguntedes aos políticos, porqué @s traballador@s non temos nen idea.

Cecais non deberiamos preguntar nada e dicir que si ás explicacións oficiais: ás dos alcaldes do PP que se negaron a ter reténs da Xunta no seu concello, ou ás dos super-progres e alternativa de futuro do BNG e PSOE, que non teñen nen idea do que esta a pasar, non tiñan nen idea de que os incendios son a lacra da Galiza, e que dixeron que os planos contra-incendios do PP eran “aceptables†e así os aplicaron.

Cecais os políticos deberían facer mais caso d@s traballador@s que miran á cara á morte, non só nos incendios, senón tamén na construcción, o metal, o mar, nas químicas… Ou cecais sexamos os traballador@s os que teñamos que eliminar aos políticos e tomar as nosas propias decisións, nós que sabemos qué se fai ben e qué se fai mal, porque cando as cousas se fan mal somos nós os que morremos.

Non queremos volver a berrar Nunca Mais, debemos facelo efectivo, queremos que o que hai que facer para parar os incendios o digan os traballador@s de incendios, que o que hai que facer cun barco a deriva o digan os mariños…

Non queremos máis tipos sinistros de traxe que digan que todo está controlado, que todo está ben, que a xente non esta morrendo.

Só lle pido aos politicos que fagan chover, se non poden, que vaian todos ao inferno.

Desde o país do sol e e da lúa de sangue, da peste eterna a fume, das sereas e a tristura nos ollos.


  Confederación Nacional do Traballo