Enquisa HostaleríaDigna

V Edición Foro mesa redonda "O sector forestal a debate"

 

Sería recomendable, por non dicir necesario, orientar o sentido do noso futuro, para xestionalo do mellor xeito e máis equitativo posible, respetando e dándolle o valor necesario ao equilibrio do contorno.

Só será posible que estes proxectos se fagan dende abaixo e que vaian encamiñados contra a lóxica capitalista. Cómpre subliñar aqueles propósitos que pretendan rescatar e vitalizar o rural, ante as ácedas perspectivas futuras que deixa entrever o horizonte.

Deberase ter en conta, para esta volta ao rural, abordar (en moitos casos) a cuestión da propiedade da terra, a súa mercantilización, pois a actual estructura impide realizar grande parte destes proxectos, pero é algo que haberá que ir definindo colectivamente. Quizais despois (ou durante) esta chamada “crise”, xurda unha conciencía social o suficientemente ampla para que non sexan triviais os posibles procesos que se poidan levar a cabo, promovéndose dende un ámbito máis local e a través de dinámicas e actividades sociais verdadeiramente participativas.

Consideramos que este debe ser o sendeiro que nos faga camiñar hacia modelos máis humanos, máis xustos, máis solidarios e, en consecuencia, máis en consonancia co noso contorno.

Trátase de recuperar este contorno perdido (ás veces) trala pegada do capitalismo, e a sua afectación nas sociedades humanas e non humanas, no que se está a perder tamén un valor incalculable dun patrimonio que arroxa algunhas pistas significativas de cales poden ser algúns factores a ter en conta para tentar lograr a devandita recuperación, contra a nocividade existente dos numerosos parámetros onde nos movemos ou relacionamos.

Como xa vimos dicindo reiteradamente en precedentes ocasións, damos relevante importancia a proxectos que tentan reartellar o local, tanto sexa de maneira social, económica ou cultural, e en certa maneira tratar de buscarlle sentido a esta actividade que o noso colectivo organiza.

--

Por un sector forestal unido, consciente e combativo!!!!

http://cntforestal.blogaliza.org