Enquisa HostaleríaDigna

Folla de cálculo para o control horario

Poñemos a disposición dos traballadores/as con horario flexible a seguinte folla de cálculo para o control horario (formato libreOffice) coa que poderemos levar conta das horas realizadas en cómputo mensual.

Especialmente útil para os empregad@s públic@s da Xunta xa que no sistema de control horario Kronos non se amosa esta información, nin se facilita mecanismo ningún de control horario para os traballadores/as con flexibilidade, facendo caso omiso ás peticións da Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia.

Lee as seguintes indicacións para usar a folla de cálculo para o control horario de maneira axeitada:

Descrición columnas:

  • A: Data. Formato data DD/MM/AAAA
  • B: Hora entrada. Formato hora HH:MM
  • C: Hora saída. Formato hora HH:MM
  • D: Horas traballadas. Calcúlase como =C-B. Formato hora HH:MM
  • E: Horas a traballar no dia. Formato hora HH:MM
  • F: Diferencia horas dia. Calcúlase como =D-E. Formato [HH]:MM
  • G: Acumulado horas. Calcúlase como =SUMA(F). Formato [HH]:MM
  • H: Texto libre

 

Uso:

  • Os datos que hai que meter en cada entrada/saída son: data (A), hora entrada (B), hora saída (C) e horas a traballar (E). O resto de datos calcúlanse sós.
  • Recoméndase copiar e pegar desde a liña anterior para que se manteñan os formatos e as fórmulas.
  • Podes descontar os 10 minutos de cortesia diarios das horas a traballar (E). No caso normal en vez de 7:30 pon 7:20.
  • Cando se fan varias entradas/saídas no mesmo dia, indicar só as horas a traballar (E) no primeiro par entrada/saída e 0:0 no resto de horas a traballar (E).
  • Os dias onde non traballes (e non teñas xustificación) debes indicalos para que se acumulen as horas que debes. Así, na entrada e saída pon 0:0 e nas horas a traballar (E) elimina os 10 minutos de cortesia (xa que os dias que non se vai non se dispón deles)
  • Os dias que teñas as horas xustificadas crea unha fila como se as ficharas para que esas horas non se deban.
  • Os dias non laborabeis non xeran fila ningunha.
  • Podes empregar a columna H para anotacións textuais a modo de nota aclaratoria (p.e. médico de 9 a 12)

 

Problemas coñecidos:

  • Os campos non saen aliñados á dereita --> revisar formato (en formato cela) ou valor (eliminar ')
  • O acumulado (F) contempla ata 25 filas. Se fas máis entradas/saídas no mes amplia as filas na fórmula

 

 

Acerca de:

Versión 1 da folla de cálculo para o control horario elaborada pola sección sindical da CNT na Xunta de Galicia (http://www.cntgaliza.org/?q=xunta), de uso LIBRE podendose modificar, copiar, distribuír, adaptar, millorar,... Agradecemos enormemente as aportacións que nos poidades facer para corrixir erros e millorar a funcionalidade de cara a seguila distribuíndo entre os traballadores/as.

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia
cnt.sancaetano@xunta.es // galiza@cntgaliza.org
www.cntgaliza.org/?q=xunta