Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Resumo dereitos de conciliación para empregad@s públic@s da Xunta

conciliación familiarO pasado xoves 23 de xaneiro tivo lugar en San Caetano (Compostela) a charla sobre dereitos de conciliación a cargo da Sección Sindical da CNT na Xunta de Galicia.

A continuación, achegamos un pequeno resumo coas cuestións máis importantes que se falaron e debatiron entre os presentes agardando que poida ser de utilidade para o resto de compañeiras/os.

Como normas xerais:

  • Os dereitos de conciliación afectan a un menor, polo que para denegalos/suspendelos/cesalos por parte da Administración hai que ter motivos obxectivos moi xustificados.
  • Preferentemente aconsellamos que faledes cos vosos xefes para explicar as vosas intencións e tratar de chegar a acordos de funcionamento normal “polas boas”
  • En caso de non solución amistosa Xunta vs traballador/a, os xuizos por dereitos de conciliación son rápidos (5 días) e adoita prevalecer o criterio do menor por riba do das necesidades de servizo. Amais a carga da proba recae na Administración.
  • Se xa se disfruta dun dereito non é necesario volvelo solicitar.

 

Redución de xornada

Lexislación: Artigo 37.5-6 ET + Artigo 48h. EBEP + Artigo 22 V Convenio Xunta

Características:

  • Comunicase á empresa, non se pide. Ollo!! redución de xornada vs contrato parcial (sen protección)
  • Por fillo/a menor de 12 anos, por persoas dependentes.
  • Sen límites na redución
  • Non hai que pre-avisar da volta (recomendable avisar con 15 dias)
  • Funcionarios non poden concretar horario (faríase coa flexibilización)
  • Laborais poden concretar horario e teñen cotización ao 100% para paro, indemnizacións e prestacións (límite 2 anos para prestacións por incapacidade permanente, morte e supervivencia, maternidade, paternidade e xubilación)

Axudas: Axudas a conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores pais que se acollan á redución da súa xornada de traballo (publicase en Xullo)

 

Lactación

Lexislación:  V Convenio (anexo permisos e licenzas) + 48.1.f) da Lei 7/2007, do EBEP + artigo 76.1.e) do Decreto lexislativo 1/2008

Características:

  • Pode desfrutalo a nai ou o pai (despois do permiso por parto e antes do ano do menor) sen que caiba o seu desfrute simultáneo ou compartido. No caso de que o colla o pai non ten por qué traballar a nai.
  • 1 hora ao principio ou final da xornada ou media hora ao principio e final da xornada ou 4 semanas ininterrompidas ou ben por crédito horario (150 horas).

 

Excedencia

Lexislación: Artigo 24 V Convenio + Artigo 89 EBEP

Características:

  • Por coidado de fillo/a menor de 3 anos (3 anos max.) ou por coidado de familiar (2 anos max)
  • O tempo computa a efectos de antigüidade
  • Vólvese ao traballo cando se queira
  • Resérvase o posto de traballo (2 ou 1 ano por menor ou coidado familiar respectivamente)
  • Posibilidade de fraccionar en varios periodos (polo menos 1 mes traballando desde o último regreso)

 

Flexibilización

Lexislación: ORDE do 20 de decembro de 2013 + Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia

Ámbito de aplicación:

  • Exclúese persoal do sergas, xustiza e centros docentes.

Modalidades horarias:

  • Ordinaria: 30 mins de marxe
  • Flexibilización automática: parte fixa (9 a 14:30h.) + variable (7:30 a 18:30-20h., salvo venres ata 15:30h.). Só se comunica.
  • Flexibilización por conciliación: 7:30 a 18:30-20h., salvo venres ata 15:30h. Solicítase. Pódense acumular xornadas e non nos poden poñer un horario fixo de asistencia diaria.
  • Horarios especiais (flexibilizarán noutros horarios)
  • 10 minutos de cortesia para fichaxe (entran dentro do horario)

Características:

  • Necesaria comunicación/solicitude e resolución, para flexibilización automática en 15 dias con silencio positivo
  • Depende das necesidades do servizo (recoméndase falar co xefe que emitirá o informe)
  • Cómputo de horas mensual. Pódese recuperar no mes seguinte

 

OLLO!! As resolucións da Xunta adoitan ir contra o principio da norma: se che conceden unha flexibilización o horario é libre, non se pode restrinxir a un horario ríxido!!

Poñemos a disposición a seguinte FOLLA DE CÁLCULO DE CONTROL HORARIO para levar conta das horas realizadas en cómputo mensual.

 

Teletraballo

Lexislación: Artigo 13 da ORDE do 20 de decembro de 2013.

Ámbito de aplicación:

  • Persoal coa tarxeta Kronos.
  • Exclúese persoal do sergas, xustiza e centros docentes.

Requisitos:

  • Estar en servizo activo e ter 2 anos antigüidade no posto
  • Ter tarefas non presencias
  • Ter os coñecementos necesarios e equipo propio (ordenador + móbil)

Características:

  • Prazo resolución 3 meses (silencio positivo)
  • Depende das necesidades do servizo
  • Máximo 3 xornadas semanais
  • Disponibilidade para acudir ao centro de traballo

 

Para calquera consulta contactadenos en: cnt.sancaetano@xunta.es