Enquisa HostaleríaDigna

Comunicado da Sección Sindical da CNT no Ateneo

Ferrol a 29 de xaneiro de 2013
Comunicado da Sección Sindical da CNT no Ateneo

A Sección Sindical da CNT no Ateneo queremos comunicar que logo da reunión mantida coa nova Xunta Directiva desta entidade dicir que chegamos a un acordo salarial namentres non se superen as dificultades económicas.

A día de hoxe a anterior directiva presidida por Ramón Veloso deixou unhas debedas de 6 nóminas aos tres traballador@s, cotas a Seguridade Social, a Facenda e a Mutua que levaron a esta entidade a ter embargos dos organismos oficiais, pagando como xa denunciamos, outros gastos aprazables.
O acordo sindical é un aprazamento temporal do 30% dos nosos salarios no entanto haxa que facer fronte a débedas cos organismos acreedores.

Lembrar que esta foi sempre a nosa oferta de diálogo frente ao ERE irremediable que pretendian levar a cabo os anteriores directivos Ramón Veloso (Presidente) e Rosa Méndez (Secretaria).

Confiamos nesta nova etapa e sobre todo na honestidade demostrada por esta directiva con nos @s traballador@s.

Soledad Fontenla
Delegada Sindical