Enquisa HostaleríaDigna

Declarados improcedentes os despedimentos na Conselleria de Traballo

Tras as correspondentes denuncias nos xulgados dos traballadores/as da Consellería de Traballo e Benestar logo de ser despedidos este verán, chega a hora das sentenzas xudiciais, que non fan máis que corroborar o que semellaba xa bastante claro: a improcedencia dos despedimentos.

Este é o caso da nosa compañeira despedida tras anos traballando para a Consellería a quen se lle recoñece o despido improcedente e o dereito á correspondente indemnización.

No mesmo xuizo individual xulgouse tamén a posibilidade de considerar a amortización de prazas e os correspondentes despedimentos do persoal (59 compañeiros/as que perderon o seu traballo) como un ERE ilegal por non cumprir a Xunta cos trámites necesarios. Neste sentido, a xustiza pronunciase en favor da Administración ao non considerar aos compañeiros/as interinos no cómputo de despedidos a efectos de terense declarado como ERE.

Por último, reiterar o noso pensamento de que estas amortizacións e despedimentos masivos na Xunta deberían tratarse de maneira unitaria por parte de todos os sindicatos, poñendo en común tanto a información como a resposta ante a Administración e implicando aos propios traballadores/as afectados.