Enquisa HostaleríaDigna

A sección sindical da CNT no Ateneo denuncia impago de nóminas e Seguros Sociais

A Sección Sindical da CNT no Ateneo Ferrolán quere denunciar publicamente que nos últimos 10 meses a entidade endebeda 3 nóminas e media aos/as traballadores/as e ten pendente o pagamento de varias cotas dos seguros sociais.

A complicada situación económica da entidade non impide que se fixeran outros pagos aprazables ou prescindibles, en troques de priorizar o pagamento das nóminas e os seguros sociais do cadro de persoal. Sorpréndenos enormemente as declaracións nos medios de comunicación de Rosa Méndez (secretaria do Ateneo) e de Ramón Veloso (presidente) nas que declaran sentirse satisfeitos pola xestión levada a cabo nos case que dous anos na Xunta Directiva, pois foi precisamente neste período cando a situación laboral das traballadoras e traballadores empeorou notablemente. A Sección Sindical da CNT no Ateneo Ferrolán considera nefasta a xestión por parte de todos os membros desta Xunta Directiva e unha deixadez nas súas funcións.

Sección Sindical CNT no Ateneo Ferrolán

18 de outubro de 2013