Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

[Fotos] Crónica da protesta en San Caetano 10-10-13

Este pasado xoves, coincidindo co Consello da Xunta, a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos convocaba unha concentración de protesta diante do edificio administrativo de San Caetano.

Pronto a concentración converteuse nunha manifestación...

A mani saíu encabezada polos sindicatos e seus moitos delegados mobilizados desde distintos puntos do pais. Cara o final da manifestación, os traballadores/as de San Caetano e outros chegados dos centros de traballo cercanos.

Tras camiñar ata o outra porta, o groso dos traballadores/as abandonou a protesta para regresar ao traballo mentres a manifestación continuaba o paseo arredor do edificio administrativo rematando no punto de partida diante da porta de Presidencia.

Para finalizar, aínda que a valoración corresponderá ás asembleas que apoiaron o acto, desde a Sección de CNT pensamos que se corrobora o xa exposto na Valoración das Asembleas da Xunta (en: http://www.cntgaliza.org/?q=node/1621), e tamén que hai cousas máis útiles nas que empregar tanto o crédito horario dos delegados/as sindicais como o tempo dos traballadores/as.

Fotos

 

Cabeza da manifestación copada polos sindicatos:

 

Os traballadores/as a cola da manifestación:

Manifestación 10-10-13 na Xunta

 

Traballadores/as volvendo ao traballo a metade de manifestación:

Manifestación 10-10-13 na Xunta

 

Este pasado xoves, coincidindo co Consello da Xunta, a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos convocaba unha concentración de protesta diante do edificio administrativo de San Caetano.

 

A concentración logo se tornou nunha manifestación que saíu encabezada polos sindicatos e seus moitos liberados mobilizados desde distintos puntos do pais, e cara o final da manifestación, os traballadores/as de San Caetano e outros chegados dos centros de traballo cercanos.

 

Tras camiñar ata o outra porta, o groso dos traballadores/as abandonou a protesta para regresar ao traballo mentres a manifestación continuaba o paseo arredor do edificio administrativo volvendo ao punto de partida.

 
 

Para finalizar, aínda que a valoración corresponderá ás asembleas que decidiron apoiar o acto, na nosa opinión pensamos que, por un lado, corroboranse os nosos argumentos (xa expostos en: http://www.cntgaliza.org/?q=node/1621), e por outro, pensamos que hai cousas máis útiles nas que empregar tanto o crédito horario dos delegados/as sindicais como o tempo dos traballadores/as.